dereita|miniatura|300px|Garita no baluarte do Castelo de San Sebastián en Vigo. Unha garita é unha caseta onde só cabe unha persoa, utilizada como abrigo polas sentinelas e os vixilantes. En arquitectura militar, consiste nunha pequena torre con troneiras ou seteiras, xeralmente ergueita no ángulo máis saínte do baluarte dunha fortaleza, que serve de abeiro e protección ás sentinelas que resgardan o recinto.
Había garitas nas máis vellas fortificaciones europeas da Idade Media. Disque as primeiras garitas eran de madeira, como os matacáns, e que se colocaban en tempos de guerra.
Na actualidade co mesmo termo coñécese ás entradas de cruzamento fronteirizo internacionais, como a Garita de San Ysidro entre Tijuana (México) e San Diego (Estados Unidos).
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Matacán Baluarte Seteira
Categoría:Elementos da arquitectura militar