Casimiro Cubela García, nado en San Xurxo de Sacos (Concello de Cotobade) o 2 de febreiro de 1908 e finado en Santa María de Trasmonte o 14 de agosto de 1986,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-8-1986, p. 53. foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria Estudou Humanidades no colexio relixioso de El Espiño (Burgos) e despois Filosofía e Teoloxía no Seminario de Santiago de CompostelaEl Noticiero Gallego, 25-8-1930, p. 1-2., onde coincidiu con Xosé Manuel Cabada e do que foi profesor auxiliar. Foi párroco de Santa Mariña de Tomonde (1931), despois de Ribela e desde 1958 en Santa María de Trasmonte. Escribiu poemas en latín, galego e castelán, algúns deles publicados en Vida Gallega e Acción (Pontevedra). Sendo párroco de Ribela foi detido e procesado en 1948 por axudar á guerrilla e condenado a seis meses e un día de desterroUn cura represaliado: Casimiro Cubela..
Notas
Véxase tamén Bibliografía "CUBELA GARCÍA, Casimiro", artigo na Gran Enciclopedia Gallega
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes