Xacobe II e VII, nado o 14 de outubro de 1633, e finado o 16 de setembro de 1701, foi rei de Inglaterra e Irlanda como Xacobe II e Escocia como Xacobe VII, dende o 6 de febreiro de 1685 até que foi deposto pola Revolución Gloriosa de 1688. Foi o derradeiro monarca católico de Inglaterra, Escocia e Irlanda.

O segundo fillo sobrevivente de Carlos I, ascendeu ó trono despois da morte do seu irmán, Carlos II. Os membros da elite política protestante sospeitaban del por ser pro-francés, pro-católico e por desexar converterse en monarca absoluto. Cando tivo un herdeiro católico, os nobres animaron ó seu sobriño protestante Guillerme de Orange a realizar unha invasión militar dende as Provincias Unidas, o cal faría na Revolución Gloriosa de 1688. Xacobe abandonou Inglaterra (e así considerouse que abdicara).The Convention Parliament of England deemed James to have abdicated on 11 December 1688, and the Parliament of Scotland declared him to have forfeited the throne on 11 April 1689. Foi substituído pola súa filla máis vella protestante, María e polo seu marido Guillerme de Orange. Xacobe levou a cabo un serio intento de recuperar a coro cando chegou a Irlanda en 1689. Despois da derrota das forzas xacobitas na batalla do Boyne en xullo de 1690, Xacobe regresou a Francia. Viviu o resto da súa vida como un pretendente ó trono na corte do seu curmán e aliado Lois XIV.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Levantamentos xacobitas Bonnie Prince Charlie

Categoría:Reis de Escocia Categoría:Reis de Inglaterra Categoría:Nados en 1633 Categoría:Finados en 1701 Categoría:Nados en Westminster