Manifesto dos persas é o nome que tomou un documento asinado o 12 de abril de 1814, en Madrid, por sesenta e nove deputados das Cortes españolas, á fronte dos cales asinou o deputado por Sevilla, Bernardo Mozo de Rosales. Nel pedíase ao rei Fernando VII, que retornaba do exilio francés e se atopaba en Puçol (Valencia), o retorno ao Antigo Réxime e o derrogamento da lexislación creada polas Cortes de Cádiz dende 1812.
Características O manifesto tomou o seu nome a partir dunha cita, no mesmo documento, no que se refire ao costume dos antigos persas para gozar de cinco días de anarquía despois da morte do rei. Os autores identificaban esa anarquía co período do liberalismo vixente dende a Constitución de Cádiz até ese momento. O documento equiparaba á constitución gaditana á Revolución francesa e reclamaba a restauración dos estamentos e os privilexios tradicionais do Antigo Réxime.
O documento foi empregado polo rei para elaborar o decreto do 4 de maio no que se leva a cabo o restablecemento do absolutismo.
Asinantes +Lista de deputados asinantes (por orde de sinatura no manifesto)NºDeputadoCircunscriciónObservacións1Bernardo Mozo y RosalesSevilla2Juan José Sánchez de la TorreBurgos3Bernardo de EscobarLeón4Diego Henares TiendasCórdobaD. Diego de Henares y Tienda, natural de la villa de Baena, y vicario eclesiástico de sus iglesias5Ignacio Ramón de RodaGalicia6Antonio Gómez CalderónCórdoba7Juan Antonio Fernández de la CoteraBurgos8Miguel de FríasToledo9Buenaventura DomínguezGalicia10Roque María MosqueraGalicia11Gerónimo CastillónAragón12Manuel Márquez CarmonaCórdoba13Joaquín MolinerValencia14José Antonio NavásCataluña15Gregorio CerueloPalencia16Benito Arias de PradaGalicia17Francisco Javier MierGranadaBispo de Almería18Ramón CubellsValencia19Pablo Fernández de CastroGalicia20Pedro Alcántara Díaz de LabanderosPalencia21Valentín Zorrilla de VelascoBurgos22Manuel Gaspar Gonzales MontaosGalicia23Domingo Fernández de CampomanesAsturias24Gerónimo Antonio DíezSalamanca25Blas OstolazaPerú26Antonio Joaquín PérezPuebla de los Ángeles27Antonio Joaquín PérezGaliciaPresbítero28Carlos Martínez CasaprinAsturias29Ángel Alonso y PantigaIucatán30Fermín Martín BlancoGalicia31José Cayetano de FoncerradaValladolid de Mechoacan32Cayetano de MarimónCataluñaMilitar33Gerardo José Andrés Vázquez PargaGaliciaBispo de Salamanca34Manuel María AballeGaliciaRexedor perpetuo de Tui35Jacinto Rodríguez RicoZamoraPosteriormente, foi bispo de Cuenca36Gerónimo LorenzoToro37Antonio de ArceEstremaduraMilitar38Juan Manuel de RengifoÁvila39Diego Martín Blanco SerrallasSevilla40José Zorrilla de la RochaToledoPresbítero41Prudencio María de VerásteguiÁlava42Luis de Luján y MonroyToledo43Tadeo GáratePuno44Pedro García CoronelTrujillo del Perú45José Gavino de Ortega y SalmonTrujillo del Perú46Manuel RiboteBurgos47Mariano Rodríguez de OlmedoCidade da Prata e provincia de Charcas48Andrés Mariano de Cerezo y MuñizBurgos49Salvador SamartínNova España50Benito Sáenz GonzálezToledo51Joaquín PalacínAragón52Juan Capistrano PujadasAragón53Nicolás Lamiel y VenagesAragón54Juan Francisco MartínezAragón55Pedro AznarAragón56Bartolomé Romero y MonteroGranada57Ramón María de AdurriagaBurgos58Pedro VidalLeón59Agustín de CáceresSegovia60Alexandro IzquierdoSoriaEn 1816, foi arcediano de Burgos61Pedro Díez GarcíaEstremadura62Bonifacio de TossantosBurgos63Luis de LeónSegovia64Francisco López LisperguerBos Aires65Tadeo Segundo GómezAragón66Domingo BalmasedaSoria67Manuel CarasaSevilla68José MirallesValencia69Antonio ColomerValencia
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas O Manifesto está dixitalizado na Biblioteca Dixital Hispánica
Categoría:Manifestos Categoría:1814 Categoría:Historia de España do século XIX