Os atikamekw son un pobo indíxena que habita a área chamada Nitaskinan ("a nosa terra"), no val superior do río Saint-Maurice do Quebec, no Canadá. A súa poboación rolda arredor das 8000 persoas. Unha das principais comunidades é a de Manawan, a uns 160 km ó nordeste de Montreal. Tradicionalmente, dedicábanse á agricultura, á pesca, á caza e á recolección. Teñen fortes relacións co pobo innu, dos cales eran aliados históricos contra os inuit.
A lingua atikamekw, unha variedade da lingua cree que pertence á familia de linguas álxicas, é aínda empregada no día a día, o que a converte nunha das linguas indíxenas menos ameazadas de extinción. Porén, as súas terras tradicionais foron apropiadas polas empresas madeireiras e o seu xeito de vida tradicional está case extinto. Só un pequeno número de familias viven da elaboración das tradicionais canoas e de cestos de cortiza de bidueiro. O seu nome, que significa literalmente "peixe branco do lago", tamén é escrito ás veces como "atihkamekw", "attikamekw", "attikamek" ou "atikamek". Os colonizadores franceses referíanse a eles como Têtes-de-Boules, traducible como "cabezas de balón" ou "cabezas redondas".
miniatura|250px|Membros atikamekw de Manawan c. 1900.
Poboación miniatura|dereita|Constant Awashish é o xefe da nación atikamekw dende 2014. + Poboación atikamekw do Quebec en setembro de 2012ComunidadesNome oficialRexistrados totaisPoboaciónResidentesNon residentesManawan Les Atikamekw de Manawan 2 5762 197379Obedjiwan Atikamekw d'Opitciwan 2 6832 225458Wemotaci Conseil des Atikamekw de Wemotaci 1 7301 358372Atikamekw (Total) Attikamekw Sipi - Conseil de la Nation Atikamekw 6 9895 7801 209
Notas
Véxase tamén
Bibliografía