Darkest Dungeon é un videoxogo de rol desenvolvido e publicado polo estudo indepentente Red Hook Studios. O xogo, tras un período de desenvolvemento en Early Access, publicouse o 16 de xaneiro de 2016 para Microsoft Windows e macOS, con adaptacións para PlayStation 4, PlayStation Vita e Linux publicadas un mes despois.

O xogador ten que administrar un elenco de personaxes para explorar diversos alxubes baixo unha mansión gótica. O combate é por quendas, e unha das características principais do xogo é o nivel de estrés de cada personaxe que se incrementa a medida que avanza a exploración e o combate.

O xogo recibiu críticas xeralmente positivas, e no 2016 chegou a máis dun millón de copias vendidas.

Recepción

Secuela

Red Hook anunciou Darkest Dungeon 2 en febreiro do 2019. A secuela foi lanzada en acceso anticipado o 26 de outubro de 2021, para Windows.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Videoxogos de 2016 Categoría:Videoxogos de Linux Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de PlayStation 4 Categoría:Videoxogos de PlayStation Network Categoría:Videoxogos de PlayStation Vita Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Canadá Categoría:Videoxogos de Windows