Uladzimir Karatkievič (en belaruso: Уладзімір Сямёнавіч Караткевіч), nado en Orša o 26 de novembro de 1930 e finado o 25 de xullo de 1984, foi un escritor belaruso, unha das figuras máis destacables da literatura belarusa da segunda metade do século XX Верабей А. Л. Уладзімір Караткевіч. Жыццё і творчасць / Пад рэд. Гарбачэўскай Т. А. — 2-е. — Мн.: Беларуская навука, 2005. — páx. 3 — ISBN 985-08-0666-4..
Traxectoria En 1954 graduouse en filoloxía pola Universidade de Kíiv. Primeiro estivo destinado como profesor de lingua rusa nunha escola nunha aldea da rexión de Kíiv (1954-56) e logo na súa cidade natal (1956-58). Máis tarde, completou cursos de literatura avanzada (1960), e despois de cinematografía (1962), ambos os dous en Moscova e despois converteuse nun escritor profesional. Comezou a escribir moi novo, os seus primeiros poemas, contos e artigos publicounos nunha revista escolar de Orsha durante a posguerraМакарэвіч А. М., Яфімава М. Б., і інш. Уладзімір Караткевіч // Беларуская дзіцячая літаратура / Пад рэд. А. М. Макарэвіча, М. Б. Яфімавай. — Мн.: Вышэйшая школа, 2008. — páx. 460 ISBN 978-985-06-1440-7. Mentres estudaba en Kíiv compuxo poemas en belaruso e ruso e escribiu no verán de 1950 primeira versión da que sería a súa grande obra,Дзікае паляванне караля СтахаВерабей А. Л. Уладзімір Караткевіч. Жыццё і творчасць / Пад рэд. Гарбачэўскай Т. А. — 2-е. — Мн.: Беларуская навука, 2005. — páx. 7 — ISBN 985-08-0666-4.. En 1951 apareceron na revista do distrito de Orsha Ленінскі прызыў os dous primeiros poemas publicados, «Тут будет канал» (en ruso) e «Якубу Коласу» (en belaruso) aos que lle seguiron tres coleccións de versos. Así e todo foi sobre todo coñecido como narrador, publicou varias coleccións de relatos e catro novelas, a máis coñecida foi Dzikaje paliavannie karalia Stacha (Дзікае паляванне караля Стаха) en 1964. As súas novelas tratan do pasado histórico de Belarús, incluíndo a insurección de xaneiro de 1863 – 1865 sobre a que escribiu Kalasy pad siarpom tvaim (Каласы пад сярпом тваім) que se publicou en 1965. Karatkievič tamén escribiu varias pezas teatrais, ensaios, artigos, guións cinematográficos, e algunhas historias de detectives e de aventuras.
Notas
Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Escritores de Belarús Categoría:Nados en Orša Categoría:Escritores en lingua belarusa