Unha carreira profesional é o conxunto ordenado de expectativas de promoción profesional, de mobilidade e de aumentar o recoñecemento do exercicio no mesmo lugar de traballo do que dispón un empregado dende o momento da súa admisión ata o momento en que deixa de prestar servizos nunha organización.«Carrera professional» , Glossari de la funcó pública, Generalitat de Catalunya
O termo "carreira" tamén se emprega noutros eidos para referirse, por exemplo, á carreira deportiva, á escolar ou á universitaria.
Cambios históricos nas carreiras A finais do século XX, un amplo abano de opcións (especialmente no rango de profesións potenciais) e o maior alcance da educación fixo posible planificar (ou deseñar) unha carreira. Tamén é frecuente nos adultos de finais do século XX e comezos do XXI ter unha carreira dobre ou múltiple, de xeito secuencial ou ó mesmo tempo. Así, as identidades profesionais téñense hibridado para reflectir este cambio na ética do traballo. O economista Richard Florida observa esta tendencia de xeito xeral e máis especificamente entre a "clase creativa".
Xestión da carreira A xestión da carreira describe o manexo activo e decidido dunha carreira por un individuo. Teorías sobre o que implica ter "habilidades de xestión da carreira" son descritas polo modelo Blueprint (nos Estados Unidos, o Canadá, Australia, Escocia e Inglaterra)Careers Blueprint . Excellence Gateway. Retrieved on 2014-01-11. e as Sete Cs da alfabetización dixital (especificamente relacionadas coas habilidades en Internet).
As habilidades clave inclúen a capacidade de cavilar sobre a súa carreira actual, investigar no mercado de traballo, determinar se a educación é necesaria, atopar aperturas e facer cambios na súa carreira.
Notas
Categoría:Traballo