No ámbito xurídico, o asalto ou apoderamento ilexítimo ten por si un valor e un significado propio e inconfundible. Significa ocupación, aprehensión material dunha cousa, con ánimo de obter o dominio da mesma. Constitúe o despoxo da cousa, tomala con propósito de quitarlla a quen a ten no seu poder.

As distintas doutrinas acerca do alcance desta acción asígnanlle ao apoderamento un significado máis ou menos restrinxido: Teoría da "Attrectatio re": O apoderamento ilexítimo consúmase co simple tocamento da cousa por parte do suxeito activo. Teoría da "Apprehensio re": O apoderamento consúmase coa simple captación material da cousa por parte do suxeito. Teoría da "Amotio re": Consúmase o apoderamento coa simple remoción do sitio no cal o seu posuidor a mantiña. Teoría da "Ablatio re": Implica o traslado da cousa e quitala da esfera de vixilancia do posuidor, superando as medidas defensivas ou precautorias arbitradas por este. Teoría da "Locupletatio re": Ademais do desapoderamento da cousa (Ablatio re), a consumación necesita do aproveitamento da cousa por parte do suxeito activo. Pode ser de uso ou patrimonial. Teoría da "Illatio re": Por último, é necesario o resguardo da cousa, é dicir, levala ao lugar de destino tido en vista polo autor.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Extorsión Furto Lexitimidade Roubo

Categoría:Delitos