José Antonio Malagón Rubio, máis coñecido como Josete, nado o 28 de maio de 1988 en Elx, Alacant, é un futbolista profesional español da canteira do Elche CF que xoga como defensa central no Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Traxectoria Nado en Elx, Alacant, Josete comezou a súa carreira futbolista nas categorías inferiores do principal club da súa cidade, o Elche Club de Fútbol. Na temporada 2007 debuta co filial do equipo, o Elche Ilicitano da Terceira División. Tras 87 partidos, debuta co primeiro equipo da Segunda División o 19 de xuño de 2010, saíndo os oito últimos minutos na vitoria por 4–1 dos ilicitanos á Real Sociedad no Estadio Martínez Valero. Ao ano seguinte asina polo Deportivo Alavés da Segunda División B, onde xoga 15 partidos. Ao ano seguinte ficha polo Zamora, onde permanece até o 31 de decembro de 2012, data na que rescinde o seu contrato para asinar co Cádiz. No equipo andaluz permanece durante catro temporadas, onde xoga un total de 110 partidos e anota 9 goles. O 22 de xaneiro de 2016 deixa aos gaditanos para asinar polo Real Oviedo da Segunda División. Ao finalizar a temporada regresa ao Elche Club de Fútbol, onde xoga 16 partidos na temporada do descenso do equipo á Segunda B. Tras finalizar o seu contrato asina por dúas temporadas co Club Deportivo Lugo.

Clubs ClubCategoríaAnoPartidosGolesElcheSegunda2009−2010321 AlavésSegunda B2010−2011152ZamoraSegunda B2011−2012337ZamoraSegunda B2012141CádizSegunda B2013161CádizSegunda B2013−2014392CádizSegunda B2014−2015384CádizSegunda B2015−2016172Real OviedoSegunda201681ElcheSegunda2016−2017160LugoSegunda2017−2018210

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en soccerway.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Elx Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Elche CF Ilicitano Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Zamora CF Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do CD Lugo