miniatura|"Rebelión para unha esperanza" do artista mexicano Mauricio García Vega. Unha rebelión é, na maioría dos casos, unha manifestación de rexeitamento á autoridade. Isto pode variar desde a desobediencia civil ata un intento organizado e armado de destruír a autoridade estabelecida. O termo tamén se usa para facer referencia á resistencia armada dun grupo insubordinado fronte a un goberno estabelecido. Aqueles quen participan nunha rebelión, son denominados rebeldes.
Un termo similar é o de sedición, que se entende como un grao menor de rebelión. O motín pode entenderse, en termos militares e mariños, como unha rebelión localizada nunha unidade ou barco, pero tamén como un termo máis xenérico. Os conceptos ou termos que teñen un contido semántico máis amplo son os de revolta ou levantamento.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dereito á resistencia In absentia Rebeldía Rebelión militar Rebelión cívico-militar
Ligazóns externas “Las nuevas insurgencias. Análisis de un fenómeno estratégico emergente”, Anuario de Derecho Internacional, Vol. XXIV, (2008), pp. 271-298 por Javier Jordán
Categoría:Relacións internacionais Categoría:Revolucións Categoría:Conflitos Categoría:Historia militar Categoría:Violencia Categoría:Seguridade