As reparacións de guerra son pagamentos monetarios impostos polo vencedor ao vencido para cubrir os danos e perdas causados durante unha guerra. Xeralmente, este termo fai referencia ao traspaso de bens ou de sangue e non á anexión de territorios.
Críticas Historicamente as críticas principais das reparacións de guerra foron: Que só hai medidas punitivas en contra do pobo do lado perdedor, máis que en contra dos lados belixerantes, que pode ser o lado que xustamente debería facer as reparacións. En moitas instancias, o pobo do goberno vencido que librou unha guerra en realidade tivo pouca ou nula participación na decisión de librar esa guerra, e polo tanto as reparacións de guerra son impostas a xente inocente. Que despois de varios anos de guerra, o pobo do lado perdedor é probable que xa estea empobrecido, e a imposición das reparacións de guerra pode levar a afundir aínda máis na pobreza ao pobo, acendendo un resentimento a longo prazo en contra do lado vitorioso e facendo pouco probable a realización de devanditos pagamentos.
John Maynard Keynes afirmou que a influencia en xeral das reparacións de guerra poderían ser desastrosas.
Moitos críticos sosteñen a teoría de que as reparacións de guerra foron unha das causas (se ben indirecta, moi decisiva) dos moitos motivos que levaron á segunda guerra mundial. Despois do fin da primeira guerra mundial, o Tratado de Versalles de 1919 impuxo reparacións de guerra moi fortes sobre Alemaña. Moitos afirman que estes pagamentos de reparacións exacerbaron os problemas económicos alemáns, e a hiperinflación resultante arruinou as oportunidades de recuperación da República de Weimar e permitiu a chegada ao poder do Partido Nazi e de Adolf Hitler. Outros apuntan ao feito de que as reparacións ao final da segunda guerra mundial foron calculadas sobre a base dos danos causados polos alemáns durante a primeira guerra mundial. Despois da Guerra Franco-Prusiana, o monto total das reparacións foi calculado con base nun valor fixo. Ademais o monto ao final da primeira guerra mundial foi obxecto de recálculos frecuentes, o cal alentou a Alemaña a obstruír tales pagamentos. Eventualmente, todos eses pagamentos foron cancelados ao chegar Hitler á Chancelería Alemá.
Esta experiencia levou á solución ao final da segunda guerra mundial, onde os países gañadores tomaron maquinaria e bens que poidesen ser trasladados desde as nacións vencidas, en vez de esixir diñeiro.
Véxase tamén Bibliografía Wheeler-Bennett, John, The Wreck of Reparations, being the political background of the Lausanne Agreement, 1932", Nova York, H. Fertig, 1972. Ilaria Bottigliero, Redress for Victims of Crimes under International Law, Martinus Nijhoff Publishers, The Hague (2004).
Outros artigos Tratado de Fráncfort de 1871 Tratado de Versalles de 1919 Conferencia de Ialta Conferencia de Potsdam Tratado de San Francisco Tratado de Guadalupe Hidalgo
Ligazóns externas Reparacións para as graves violacións dos dereitos humanos durante o réxime da Kampuchea Democrática (o Khmer Rouge) en Camboxa, .
Categoría:Temática militar Categoría:Terminoloxía militar