Guillermo Donoso Alonso, máis coñecido como Guille Donoso, nado o 8 de xullo de 1995 en Xixón, é un futbolista profesional español da canteira do Sporting de Gijón, que xoga como extremo na SD Ponferradina da Liga 1|2|3.
Traxectoria Nado en Xixón, Asturias, Donoso formouse nas categorías inferiores do Sporting de Gijón. O 3 de febreiro de 2013 debuta co filial na Segunda División B, entrando no campo como substituto durante a primeira metade na derrota por 0–4 ante a UD Salamanca no Hemántico. Tras acabar a temporada, asina un contrato de tres anos cos xixoneses, anotando pouco despois, o 1 de setembro, o seu primeiro gol como sénior na vitoria por 4–1 home ante o CD Tropezón. Pouco máis dunha semana despois foi convocado co primeiro equipo para xogar na Copa do Rei ante Recreativo de Huelva, aínda que non chega debutar.
Tras tres temporadas no filial, onde non chega a participar co primeiro equipo, o 1 de xullo de 2016 asina co Córdoba da Segunda División. O seu debut como profesional chegaría o 20 de agosto, saíndo no segundo período para substituír a Alejandro Alfaro na vitoria por 1–0 ante Tenerife no Nuevo Arcángel. O seu primeiro gol non tardaría en chegar, anotando o 17 de setembro na vitoria na casa por 1-0 ante o Levante. Tras xogar 22 encontros cos andaluces, Donoso decide mudar de equipo o finalizar a temporada, asinando o 30 de xuño de 2017 un contrato por dúas temporadas co Lugo.
Clubs ClubCategoríaTemporadaPartidosGolesSporting BSegunda B2012−2013130Sporting BSegunda B2013−2014333Sporting BSegunda B2014−2015383Sporting BSegunda B2015−2016311CórdobaSegunda2016−2017221LugoSegunda2017−201860PonferradinaSegunda B2018153
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en soccerway.com
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores da SD Ponferradina