O jacalteco, tamén coñecido como popti’, é unha lingua maia falada principalmente en Guatemala e en parte de México. É falada por máis de 9 000 membros do pobo jacalteco do departamento guatemalteco de Huehuetenango, e por outros 500 máis na zona adxacente de Chiapas, en México. O nome popti' para a lingua é empregado pola "Academia de Linguas Maias de Guatemala" e polo Congreso de Guatemala. O jacalteca está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Jacalteco en Ethnologue

Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de Guatemala Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas aglutinantes