Galicia foi unha publicación editada en Madrid entre 1932 e 1935.
Historia e características Subtitulada Revista mensual ilustrada, apareceu en 1932. Estaba dirixida por Luís Conde de Rivera con José Boullón como director xerente. Entre os escritores asiduos da primeira época estiveron Félix Estrada Catoyra, Juan Rof Codina, Heliodoro Gallego Armesto, Ángel del Castillo e Eduardo Lence-Santar.
En 1934 José Boullón pasou a ser o director e Manuel Casado Nieto era o redactor xefe. En 1935 cambiou o subtítulo por Revista gráfica mensual.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Revistas editadas en Madrid Categoría:Revistas españolas do século XX