miniatura|dereita|Acto de entrega do premio en febreiro de 2019 á escritora Rosa Aneiros (gañadora da segunda edición) no auditorio municipal de Vilalba. O Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade é un galardón creado en homenaxe a figura do escritor Agustín Fernández Paz. Está organizado polo Concello de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos e Edicións Xerais de Galicia. A primeira edición data de 2017.

Ten unha dotación económica de 3.000 euros. Os textos presentados enmárcanse dentro da literatura infantil e xuvenil, e a súa temática está relacionada co compromiso pola igualdade de xénero, raza, nacionalidade etc.I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, nova no sitio web da Galix o 1 de maio de 2017.

Obra galardoada Fóra do normal, de María ReimóndezChío na conta de Twitter de Edicións Xerais de Galicia. (2017) Tres bichiconas, dúas illas e unha serea, de Rosa Aneiros (2018) Plan de rescate, de Antía Yáñez (2019) A cidade do Átomo, de Iria Misa (2020) A gruta da torre, de Lois Pérez Díaz (2021) Ringo. Memorias dun coello fedello, de Pablo Nogueira Campo (2022) Quen precisa unha avoa?, de Andrea Barreira Freije (2023) Onde caben catro, de Eva Mejuto (2024). O Muro, de Francisco Fernández Davila (2025).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bases do premio .

Agustín Fernández Paz Agustín Fernández Paz Categoría:Vilalba Categoría:Agustín Fernández Paz Categoría:Edicións Xerais de Galicia