Isaac Fernández Vila, nado en Vigo o 28 de maio de 1979, é un exfutbolista galego, que ocupou a posición de centrocampista.

Traxectoria Deuse a coñecer no xuvenil do Celta de Vigo. Na tempada 1999-2000 estivo cedido no Racing Club de Ferrol, pero apenas contou para o adestrador e volveu ao filial do Celta. Converteuse nunha peza indispensable do equipo que quedou campión de 3ª División na tempada 2000-01, e ascendeu a 2ª División B, e do equipo que quedou campión da Copa Federación. En agosto de 2004 ascendeu definitivamente ao primeiro equipo do Celta, e fixo o seu debut no partido da primeira xornada de liga contra o Almería. Esa tempada xogou un total de 10 partidos, terminando a tempada como subcampión de 2ª División e ascendendo a primeira.

Comeza a tempada 05/06 co primeiro equipo do Celta, pero por non ter minutos de xogo, no mercado de inverno decidiu volver cedido ó Racing de Ferrol, que se atopa na categoría de prata, onde disputou tan só 4 partidos. Ao finalizar a tempada decidiu retirarse debido ás lesións.

Palmarés Campión da Copa Federación (1): 2002 Campión de Terceira División: 2000/01

Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1979 Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia