José Manuel Moledo Rodríguez, nado en Boiro en 1905 e finado en Beira (Carral) o 16 de agosto de 1936, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Auxiliar de farmacia na Coruña, estaba casado con Fina Trapote. Militante do PCE, foi socio do Casino Republicano da Coruña e participou nalgúns mitins, como o do 14 de abril de 1934 no que interveu como representante do Socorro Rojo Internacional con Uxío Carré Naya, Víctor Casas e Gumersindo Montero. Mantiña na rebotica da farmacia da rúa de Santo André parladoiros e intercambio de opinións.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Paseado en Herves (Beira), foi soterrado como “descoñecido” nunha fosa común; a información oficial da policía coruñesa cítao como “fuxido”.

Véxase tamén

Ligazóns externas Lembranza nun artigo de Luís Lamela do militante comunista José Manuel Moledo Rodríguez asasinado en 1936

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos