O pericardio é a envoltura fibrosa do corazón.
Estrutura externa do pericardio No pericardio falamos dunha cara anterior, unha posterior, dúas caras laterais, unha base e un vértice.
Cara anterior: na idade infantil relaciónase co timo. Está en relación coa parte posterior do esterno, as costelas, as cartilaxes costais, os espazos intercostais e os músculos intercostais. Cara posterior: o pericardio áchase pegado ó esófago. Tamén se relaciona aquí coa arteria aorta torácica descendente, coa vea ácigos e co conduto torácico. Caras laterais: relaciónanse ambas coa arteria e vea pericardiofrénicas e co nervio frénico. Base: en contacto co centro frénico do diafragma e coa entrada ó corazón da vea cava inferior. Vértice: relaciónase coa entrada da vea cava superior e coa saída das arterias aorta e pulmonar.
Estrutura interna do pericardio O pericardio está formado por dúas capas: unha externa ou fibrosa e outra interna ou serosa. Ó mesmo tempo, a capa interna presenta dúas capas: unha visceral, pegada ó corazón, e outra parietal, pegada á capa externa pericárdica.
Entre as dúas capas, externa e interna, hai un espazo virtual, que se fai evidente na pericardite.
Vascularización do pericardio Arterias que irrigan o pericardio: arterias pericardiofrénicas, esofáxicas e bronquiais. Na idade infantil, tamén as tímicas Veas que drenan o pericardio: veas pericardiofrénicas, esofáxicas e bronquiais. Na idade infantil, tamén as tímicas Vasos linfáticos que drenan a linfa do pericardio: ganglios pericardiofrénicos, ganglios mediastínicos e os esofáxico-bronquiais.
Innervación
É de dous tipos: extrínseca, de fibras que veñen de fóra, e intrínseca, de fibras propias do corazón.
Líquido pericárdico O líquido pericárdico é o líquido seroso segregado pola capa serosa do pericárdio na cavidade pericárdica. O pericárdio está constituído por dúas capas - unha capa fibrosa externa e unha capa fibrosa interna. Esta capa serosa presenta dúas membranas que encerran a cavidade pericárdica, para a cal é segregado o líquido pericárdico. O líquido é semellante ó líquido cefalorraquídeo do cerebro, amortecendo e permitindo o órgano moverse. En condicións normais pode atopa-se preto de 10 a 50 ml de líquido no espazo pericárdico. O líquido pericárdico normal é amarelo-pálido. A acumulación de líquido seroso ó redor do corazón leva a designación de derrames pericárdicos. O procedemento de retirada do exceso de fluído pericárdico, a pericardiocentese, é perigoso e, polo tanto, rara vez realizado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Mesotelio
Categoría:Sistema circulatorio Categoría:Anatomía cardíaca