dereita|miniatura|Un póster estadounidense deseñado durante a segunda guerra mundial. Tradución: «A comida é unha arma. Non a desperdicie! Compre con prudencia. Cociñe con coidado. Cómao todo».

A guerra total é un termo do século XX que describe a unha guerra na que os países ou as nacións mobilizan e forzan ata o límite todos seus recursos dispoñibles, xa sexan humanos, militares, industriais, agrícolas, naturais, tecnolóxicos, científicos, ou de calquera outro tipo, para destruír totalmente a capacidade doutro país ou nación de iniciar unha guerra. A práctica da guerra total utilizouse durante séculos, pero non foi ata mediados do século XIX que se recoñeceu que a guerra total era unha forma distinta de facer a guerra.

Desenvolvemento do concepto de guerra total O concepto de guerra total adóitase atribuír a Carl von Clausewitz, pero en realidade Clausewitz estaba interesado no concepto filosófico relacionado de guerra absoluta, unha guerra libre de calquera restrición política, algo que Clausewitz consideraba imposible. Os dous termos, guerra absoluta e guerra total, adoitan confundirse. Christopher Bassford, profesor de estratexia no National War College, describe a diferenza así:

Goebbels convenceu a Hitler de chegar a eses extremos. En 1943, nun discurso no Palacio dos Deportes de Berlín, dixo:

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bombardeo estratéxico

Categoría:Temática militar Categoría:Tipos de guerra Categoría:Terminoloxía militar