A neontoloxía é a parte da bioloxía que, a diferenza da paleontoloxía, trata con organismos vivos ou extinguidos recentemente. É o estudo das especies, xéneros, familias e outros taxons con membros aínda vivos, en vez de con taxons que están xa completamente extinguidos. Por exemplo, o alce é unha especie existente, mentres que o tiranosauro está extinguido desde hai longo tempo. No grupo dos moluscos cefalópodos, en 1987 coñecíanse aproximadamente unhas 600 especies vivas e 7 500 extinguidas.

Un taxon pode clasificarse como extinguido se hai acordo xeral ou certificación de que xa non hai membros dese grupo aínda vivos. Inversamente, un taxon extinguido pode ser reclasificado como existente se hai novos descubrimentos de exemplares vivos dese taxon ("especies Lázaro") ou se especies coñecidas previamente son reclasificadas como membros dun taxon.

O termo neontólogo é moi utilizado polos paleontólogos para referirse aos zoólogos que non son paleontólogos. Stephen Jay Gould dixo da neontoloxía o seguinte:

Notas

Categoría:Paleontoloxía