Paleosuchus é un xénero de réptiles da familia Alligatoridae. Está integrado por dúas especies, que habitan nos trópicos de Suramérica. Reciben o nome de caimáns ananos, porque son as especies de menor lonxitude dentro da orde Crocodilia. miniatura|esquerda|260px|Paleosuchus trigonatus no río Anaxiqui, Amazonas, Brasil.
Alimentación
Aliméntanse de peixes, réptiles, aves e pequenos mamíferos.
Taxonomía
Este xénero foi descrito orixinalmente polo naturalista e zoólogo inglés John Edward Gray no ano 1862.Gray, 1862 : A Synopsis of the Species of Alligators. Annals and Magazine of Natural History, ser. 3, vol. 10, n. 35, p. 327-331.
Especies
Este xénero comprende dúas especies:
Paleosuchus trigonatus (Schneider, 1801) - O caimán almiscreiro do Brasil. Distribúese na cunca do Amazonas, desde Colombia e Ecuador ata o norte de Bolivia polo sur, as Güianas e a desembocadura do río Amazonas cara ao leste. Paleosuchus palpebrosus (Cuvier, 1807) - O caimán almiscreiro común. Distribúese nas cuncas do Amazonas, do río São Francisco e do Río da Prata. Contan con poboacións desta especie: Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Güiana, Paraguai, Perú, Suriname e Venezuela. Na súa idade adulta, os machos alcanzan 1,6 metros de lonxitude e as femias 1,2 metros, polo que son os crocodilianos máis pequenos. miniatura|260px|Paleosuchus palpebrosus.
Mapas de distribución
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Crocodilo anano
Categoría:Aligatóridos