Ramón Marcote Miñarzo, nado en Sardiñeiro de Abaixo (Fisterra) o 31 de marzo de 1880 e finado na Habana o 6 de xullo de 1955, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Emigrou a Cuba en 1898. Durante os primeiros sete anos na emigración traballou nunha tenda de víveres e compaxinou o traballo coa asistencia ás clases do Plantel Concepción Arenal do Centro Galego. En 1905 converteuse en bibliotecario do Centro Galego da Habana, desempeñou o posto durante máis de 50 anos. Foi membro fundador da sociedade Hijos del Partido de Corcubión da Habana.
Vinculado ás Irmandades da Fala, en 1920 publicou unha serie de artigos na revista Galicia, agrupados despois no libro Colón pontevedrés. Tamén publicou en 1925 unha Historia de Galicia (Compendio). A súa obra Contra España, no (mito no, y si realidad) foi premiada na Exposición Iberoamericana celebrada en Sevilla en 1929. Foi presidente do Comité Pro Colón Español da Habana, correspondente en Cuba de El Ideal Gallego, e colaborou en Cultura Gallega e Vida Gallega.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Fisterra Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1955