Nicandro Ares Vázquez, nado o 7 de xuño de 1926 en Santalla de Bóveda de Mera e finado en Lugo o 22 de xullo de 2017, foi un sacerdote e filólogo galego. Traxectoria Ordenouse sacerdote en 1951. Cursou estudos de teoloxía e filosofía, cun grande interese polas linguas clásicas. Foi cura de San Cristovo da Cervela e axiña se incorporou como profesor no Seminario de Lugo desde 1955 durante 42 anos, até a súa xubilación, impartindo Teoloxía e outras materias.

O seu mestre foi Francisco Vázquez Saco e, a partir de 1964, comezou a publicar artigos referidos a sobre epigrafía e arqueoloxía, sen esquecer temas históricos e onomásticos, tarefa na que destacou coa publicación de múltiples estudos dedicados á toponimia da diocese de Lugo.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde abril de 2006, institución que publicou en 2013 dous volumes co título de Estudos de toponimia galega que recompilan un total de 178 artigos publicados por el entre 1964 e 2011.

A outra súa gran paixón, á que dedicou tempo e estudos, foi o monumento de Santalla de Bóveda, o seu lugar natal.

Boa parte dos seus estudos foron publicados na revista Lucensia da biblioteca do Seminario de Lugo. Tamén no xornal El Progreso, na revista Grial etc.

Obra Estudos de toponimia galega. Tomo I (2012). Real Academia Galega, A Coruña. ISBN 978-84-87987-83-0

Estudos de toponimia galega. Tomo II (2013). Real Academia Galega, A Coruña. ISBN 978-84-87987-85-4

Recoñecementos En 2020 publicouse un libro homenaxe co título Don Nicandro Ares. Bo e sabio, coordinado por Javier Diéguez Diéguez. Nel colaboraron:

Presentación, Alfonso Carrasco Rouco Don Nicandro Ares Vázquez: lembranza e gabanza, Xesús Alonso Montero Nicando Ares Vázquez, sacerdote, profesor e investigador, Argimiro López Rivas Nicandro Ares Vázquez e a arqueoloxía lucense. Dúas paixóns: e epigrafía e a Santa Eulalia de Bóveda, Felipe Arias Vilas e Enrique Jorge Montenegro Rúa Algunos estudios medievales del profesor Nicandro, Manuel Rodríguez Sánchez Nicandro Ares, toponimista, Antón Santamarina Nicandro Ares, mestre da onomástica galega, Xesús Ferro Ruibal Nicandro, de camiño ás estrelas... Ricardo Polín Don Nicandro, Adolfo de Abel Vilela Nicandro Ares: humanidade, sabedoría, virtude... Xosé López Díaz Don Nicandro, profesor, Anxo González Guerra Por que? Tres leccións que aprendín de don Nicandro, Gregorio Ferreiro Fente A humildade e a gratitude no mestre Nicandro, Xoán Carlos García Porral Bibliografía, Enrique Jorge Montenegro Rúa

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Lingüistas da lingua galega