O Crocodylus rhombifer, xeralmente chamado crocodilo cubano, é unha pequena especie de crocodilo que se encontra só en Cuba. A súa lonxitude habitual é de entre 2,1 e 2,3 m e adoita pesar entre 70 e 80 kg. Os machos grandes poden chegar como moito aos 3,5 m de lonxitude e pesar algo máis de 215 kg. Malia o seu modesto tamaño, é un animal moi agresivo e potencialmente perigoso para os humanos.

O crocodilo cubano é interesante para os biólogos por ter algúns trazos físicos e de comportamento únicos. Ten patas longas e fortes, e é o de costumes máis terrestres de todos os crocodilos existentes. Os seus hábitats preferidos son ambientes de auga doce como pantanos e ríos. Alí, os adultos aliméntanse de peixes, tartarugas e pequenos mamíferos, mentres que os xoves comen invertebrados e pequenos peixes. O apareamento ocorre en maio e xullo. Os animais en catividade mostran un comportamento de caza cooperativa e poden aprender algúns trucos.

Está na lista das especies en perigo crítico da Unión Internacional para a Conserfvación da Natureza. Antes estaba espallado polo Caribe, pero a súa área de distribución foi minguando ata incluír só o pantano Zapata e a illa de Pinos (ou da Juventud), debido á caza humana. Hai proxectos de crianza en catividade para axudar a especie a recuperarse.

Características

O crocodilo cubano ten bastantes características que o separan doutros crocodilianos, como as súas cores máis brillantes, escamas máis fortes, máis avultadas e patas longas e fortes. É un crocodilo de tamaño pequeno a medio. Os adultos miden normalmente entre 2,1 e 3,3 m e pesan de 70 a 80 kg. Os machos grandes poden chegar a 3,5 m e 215 kg ou máis.

Distribución e hábitat

Hoxe, o crocodilo cubano só pode encontrarse no pantano Zapata da illa de Cuba e na illa de Pinos (Juventud), e está en grave perigo de extinción. Antigamente podía atoparse por todo o Caribe. Hai restos fósiles desta especie nas Illas Caimán e as Bahamas.

Prefire hábitats de augas doces como pantanos e ríos e raramente nada en auga salgada.

Bioloxía e comportamento

Esta especie presenta comportamentos interesantes que outros crocodilianos non realizan. Unha colonia en catividade desta especie en Gatorland, Florida, mostrou o que se sospeita que era un comportamento de caza en grupo, que pode explicar a predación da megafauna prehistórica que coexistiu con esta especie, como o preguiceiro xigante. Esta especie é o máis terrestre de todos os crocodilos, e tamén posiblemente o máis intelixente.

Caza e dieta

A súa dieta está formada inicialmente por pequenos peixes, artrópodos e crustáceos. Os adultos aliméntanse principalmente de pequenos mamíferos, peixes e tartarugas. Teñen dentes traseiros romos, cos que poden romper as coirazas das tartarugas que capturan. Tamén realizan a técnica de cazar saltando da auga que se observa noutros crocodilianos como o aligátor do Mississippi. Impulsándose coas súas poderosas colas poden saltar da auga e apañar pequenos animais situados nas ramas que colgan sobre a auga.University of Florida O crocodilo cubano, aínda que non é especialmente grande, é xeralemnte considerado o crocodilo máis agresivo do Novo Mundo, e é, en canto comportamento, dominante sobre o máis grande crocodilo americano en áreas nas que coexisten as dúas especies. Os datos sobre ataques a seres humanos son limitados, pero os casos son raros debido á pequena área de distribución do animal. miniatura|Espécime no Zoo de Miami

Reprodución

A estación reprodutora desta especie é entre os meses de maio e xullo.Kristen, P. (2001). Crocodylus Rhombifer. Retrieved from Animal Diversity Web : .http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Crocodylus_rhombifer/ Isto secre que está relacionado con cambios ambientais, como as precipitacións e temperaturas.Ramos Taragon, R. S. (2010). Cuban crocodile (Crocodylus rhombifer). In S. M. C.Stevenson, Crocodiles Status Survey and Conservation Action Plan (pp. 114-118). Crocodile Specialist Group : Darwin . Na natureza, aniñan en pantanos húmidos; onde forman trincheiras e cobren os ovos con materia orgánica. En catividade, os crocodilos fan niños con forma de morea. Poñen entre 30 e 40 ovos e o período estimado de incubación é de 58 a 70 días. A eclosión pode ocorrer desde finais de agosto a inicios de setembro. Debido á depredación que sofren por parte dos humanos, mapaches, e outros animais, moitos ovos non chegan a eclosionar. Ao naceren, as crías son de aproximadamente 5 a 8 cm de lonxitude e 120 g de peso. Igual que noutros crocodilianos, o sexo das crías do crocodilo cubano está determinado pola temperatura no niño. Nas instalacións de cría e conservación, os ovos lévanse a incubadoras onde están nun ambiente constante de 32 graos Celsius para que se produzan machos.Press., A. (2012, July 20). After decades, Cuban Crocodiles Born At D.C Zoo. Retrieved from CBS Baltimore: http://baltimore.cbslocal.com/2012/07/20/after-decades-cuban-crocodiles-born-at-dc-zoo/ É unha especie agresiva que pode cometer actos de canibalismo, o que contribúe a que gran parte da descendencia non sobreviva á idade xuvenil.

Conservación miniatura|Crocodilo cubano O crocodilo cubano está na lista das especies en perigo crítico da Unión Internacional para a Conserfvación da Natureza e no Apéndice 1 da lista do CITES. O seu hábitat restrrinxido e reducida área de distriución fano moi vulnerable. Os humanos cazaron esta especie case ata a súa extinción. Quedan moitas investigacións que facer sobre esta especie nas poboacións silvestres que quedan. A especie ten exemplares en catividade en Europa e os Estados Unidos, onde se iniciaron proxectos de cría en catividade. No pasado houbo problemas de hibridación, especialmente co crocodilo americano, o que limitaba a poza xénica pura da especie.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Crocodilian Online sobre o crocodilo cubano Folla de datos sobre o crocodilo cubano

Categoría:Crocodilos