O voluntariado é o traballo das persoas que serven a unha comunidade ou ao medio ambiente por decisión propia e libre. O termo tamén fai referencia ao conxunto de devanditas persoas, os voluntarios. Por definición, os voluntarios non cobran polo seu traballo.Definición de voluntariado, sitio dixital 'Definición ABC'.

Na Plataforma do Voluntariado de EspañaPlataforma do Voluntariado de España, sitio dixital oficial. consensuouse a siguinte definición de voluntariado coas súas diferentes entidades e plataformas:

Hai diferentes motivacións que moven estas persoas a dedicar parte do seu tempo ao traballo non remunerado. Tamén hai distintas maneiras de ser voluntario: unha clasificación básica distingue o voluntariado formal (o realizado dentro de organizacións non lucrativas) do informal (os voluntarios actúan individualmente ou en grupos non rexistrados). Outra clasificación elemental distinguiría o voluntariado no que os beneficiarios son persoas daquel no que o traballo mellora o medio ambiente (en xeral ou parte del: animais, plantas etc.).

O traballo voluntario debería cumprir tres condicións:

Ser desinteresado: o voluntario non persegue ningún tipo de beneficio nin gratificación pola súa axuda. Ser intencionado: o voluntario persegue un fin e un obxectivo positivo (buscar un cambio a mellor na situación do outro) e lexítimo (o voluntario goza de capacidade suficiente para realizar a axuda e de certo consentimento por parte do outro que lle permite que o axude). Estar xustificado: responde a unha necesidade real do beneficiario da mesma. Non é un pasatempo nin un entretemento sen máis, senón que persegue a satisfacción dunha necesidade previamente definido como tal.

O voluntariado complementa o labor da Administración pública e dos profesionais da acción social, pero nunca os debería substituír nin suplantar.

Día Internacional do Voluntariado En 1985, a Asemblea da ONU declarou o 5 de decembro como o Día Internacional do Voluntariado para o desenvolvemento económico e social. En 1996 eran 69 países os que o celebraban, cifra que se duplicou, ata alcanzar os 125, en 2003 "A ayudar se aprende en la escuela", en La Voz de Galicia, suplemento La Voz de la escuela, 2.12.2009..

Notas

Véxase tamén

Bibliografía César García-Rincón de Castro (2003). Cuaderno de Viaje para Acompañar Experiencias de Voluntariado Social. Homo Prosocius, Madrid. ISBN 84-607-8127-5. Jean Pictet Comentario sobre los principios fundamentales de la Cruz Roja. Formación Pre-Monitor, Voluntariado Centro Juvenil. "Libriño" do servizo Voluntariado en Liña do programa Voluntarios das Nacións en Liña

Outros artigos Voluntariado en liña Aprendizaxe-servizo Microvoluntariado Terceiro sector Vida sinxela Ligazóns externas asociaciones.org - Portal con información para a xestión de organizacións non gobernamentais ¿Qué es el voluntariado?, sitio dixital 'Red voluntariado social de Salamanca', ¿Qué es el voluntariado? , sitio dixital 'Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella', . ¿Qué significa ser voluntariado?, sitio dixital 'Fundación Canfranc'. Vacaciones Solidarias Información para viaxar como voluntario nunha ONG durante as túas vacacións.

Categoría:Organizacións Categoría:Sociedade