dereita|miniatura|Palacio de Martimporra. Martimporra é un lugar da parroquia de Santuyano, capital do concello asturiano de Bimenes. Segundo o INE en 2011 tiña 17 habitantes. Está a 38 km de Oviedo, a capital de Asturias, a 300 m sobre o nivel do mar.
Patrimonio O Palacio de Martimporra, do século XVII, foi mandado construír por Juan de Valvidares e Cecilia Estrada, marqueses de Villapanes, e pertenceu despois ao marqués de Casa Estrada. De planta cadrada e dous andares, presenta dúas torres nos laterais e unha capela adicada á Virxe do Camiño.
Outros edificios do lugar son a Casa Consistorial (1966), a Casa Sindical e o economato de Hunosa.
Categoría:Lugares de Asturias