UVigo Motorsport é un equipo automobilístico pertencente á Universidade de Vigo e que participa cos seus monoprazas na competición da Fórmula Student en circuítos de toda Europa. O equipo está constituído por 28 estudantes de diversas ramas da Enxeñaría industrial, estruturado nunha xefatura de equipo, unha dirección técnica, e os departamentos de mercadotecnia e organización, de transmisión e propulsión, de dinámica, de chasis e seguridade, de carrozaría e aerodinámica, e de electrónica e programación. Historia

miniatura|Organigrama do equipo para a tempada 2016-2017 O equipo constituíuse en 2014 co obxectivo de participar na Fórmula Student, promovida pola Society of Automotive Engineers (SAE) e destinada á participación das universidades e dos estudantes de enxeñaría, na que se esixe aos competidores non só a condución dos vehículos, senón o seu deseño e a súa construción baixo uns parámetros determinados.

Tempada 2014-2015

Coa súa primeira formación, o equipo deseñou o seu primeiro monopraza, denominado UM15, co que representou a Universidade de Vigo nas carreiras celebradas en Silverstone (Reino Unido), Hockenheim (Alemaña) e Montmeló (España). Malia non acadar ningún triunfo como equipo, un dos seus membros foi galardoado co premio Craig Dawson ao participante máis valioso da competición."La escudería UVigo Motorsport presenta el 2 de julio su monoplaza". Faro de Vigo. 24 de xuño de 2015."Uvigo Motorsport busca inspiración en Silverston. Enxeñeiros da Universidade de Vigo viaxan esta fin de semana a Silverston coa intención de presenciar a competición de 2014 na que participan 3.000 estudantes de enxeñaría de diferentes universidades de 38 países. O obxectivo é mellorar o seu proxecto de cara á Fórmula Student de 2015". En La Voz de Galicia. 10 de Xullo de 2014.Cuíña, Elena. "Dous estudantes da zona acudiron na Formula Student a Silverston. O equipo UVigo Motorsport correrá en Hockenheim e Montmeló". En La Voz de Galicia. Lalín. 15 de xullo de 2015.

Tempada 2015-2016 Na súa segunda tempada na competición, participou cun bólido renovado, o UM16, nas carreiras da Fórmula Student da República Checa e de España."El monoplaza de Uvigo Motorsport, desde República Checa a Montmeló. El equipo, satisfecho con la puesta de largo de su monoplaza, trabaja para ajustar el UM16". Faro de Vigo. 10 de agosto de 2016. Nesta tempada, o equipo buscou ademais o seu asentamento coa implicación de diversos centros da Universidade de Vigo e a captación de patrocinadores que colaboren á súa sostibilidade (Concello de Vigo, Consorcio da Zona Franca de Vigo e máis de medio cento de empresas). Tempada 2016-2017 Cun monopraza novo, o UM17, que recolle a experiencia adquirida nas competicións anteriores, o equipo participa nas carreiras de Montmeló e de Hockenheim.Fuente, María Jesús. "La escudería universitaria ya busca estudiantes para el cuarto bólido. El monoplaza de este año competirá en los circuitos de Hockenheim y Montmeló". En La voz de Galicia. Vigo. 1 de agosto de 2017.Salgado, Marta. "La UVigo ya tiene monoplaza para la Formula Student 2017". En La Región. 1 de agosto de 2017. Vehículos Nas súas tres primeiras tempadas, o equipo utilizou, sucesivamente, os tres vehículos seguintes:Datos técnicos dos coches utilizados polo equipo . UM15 miniatura|O UM15, primeiro vehículo do equipo UVigo Motorsport Utilizado na súa primeira tempada, tiña un motor Aprillia SXV 550 bicilíndrico en V e 70 cv, cun chasis tubular de aceiro ao cromomolibdeno e unha central Performance Electronics PE3. A súa carrozaría era de fibra de vidro, cun revestimento de fibra de carbono. A suspensión era de tipo Pull e contaba cunhas pinas de magnesio de 13 polgadas. O seu peso era de 211 quilogramos. UM16 miniatura|O monopraza UM16 Con el competiron na tempada 2016-2017. O motor foi substituído por un Aprillia SXV 450 bicilíndrico en V de 60 cv. O chais pasou a ser monocasco de fibra de carbono con núcleo de madeira. A súa central electrónica, a suspensión e as pinas mantivéronse, e engadíronse compoñentes aerodinámicos, como un difusor e uns aleróns dianteiro e traseiro. O seu peso reduciuse a 203 quiligramos.

UM17 Presentado a finais de xullo de 2017, conta cun novo motor Kawasaki 650 ER-6F bicilíndrico en liña de 72 cv. O chasis combina o monocasco cun subchasis de aceiro tubular. Engadiuse o sistema DRS e mellorouse a súa aerodinámica. Outra novidade é que incorpora un sistema de telemetría, que transmite datos en tempo real a un panel externo. Notas

Véxase tamén Outros artigos Fórmula Student Ligazóns externas Web oficial do equipo UVigo Motorsport Web oficial da Universidade de Vigo Web oficial da Fórmula Student

Categoría:Equipos de automobilismo de Galicia Categoría:Universidade de Vigo