O óso escápula ou omoplata é un óso do ombreiro, par, plano e compacto, de forma triangular, con dúas caras, anterior e posterior; tres bordos, superior, interior e exterior, e tres ángulos, superior, anterior e inferior
Atópase na parte posterior e superior do tórax; forma coa clavícula o esqueleto do ombreiro. Artéllase coa clavícula e co úmero Estrutura Superficies Anterior A superficie anterior, volar ou frontal presenta unha gran cavidade, denominada fosa subescapular, que abrangue case toda a superficie. Serve para a inserción do músculo subescapular. Na zona máis superior e interno hai unha zona moito máis reforzada, que forma un ángulo de óso, denominado ángulo superior. Este ángulo serve de reforzo para soportar o peso do acromion
Posterior esquerda|250px|miniatura|Escápula esquerda, superficie dorsal dereita|250px|miniatura|Escápula esquerda, superficie costal A superficie posterior ou dorsal ten unha espiña oblicua, ascendente de dentro a fóra. A espiña divide a superficie posterior en dúas porcións: A fosa supraespiñal da escápula: situada por riba da espiña escapular. É máis reducida que a infraespiñal, sendo máis grande a porción interna que a externa. Nos dous terzos mediais ou internos áchase a orixe do músculo supraespiñal. A fosa infraespiñal da escápula: situada por debaixo da espiña. É de moito maior tamaño cá superior. Na parte inferior remata en forma de triángulo invertido (o ángulo inferior), de maior grosor có resto da fosa. Nos dous terzos mediais orixínase o músculo infraespiñal.
No bordo lateral ou axilar atópase unha tuberosidade ou crista ósea na que se insire un tabique osteofibrótico, que separa o músculo infraespiñal do músculo redondo maior e do músculo redondo menor. Preto desta crista discorre a arteria circunflexa da escápula.
Ao longo deste bordo axilar insírese cranialmente o músculo redondo menor e na parte inferior, dando a volta ao ángulo inferior, o músculo redondo maior. Na parte máis distal do óso, na parte inferior do ángulo inferior, insírese o músculo dorsal ancho.
Bordos A escápula ten tres bordos. Bordo superior
É o bordo máis pequeno, cóncavo, que se estende ata o proceso coracoide escapular. Bordo axilar ou lateral
É o máis groso dos tres. Comeza por debaixo da cavidade glenoide escapular e discorre en sentido oblicuo descendente, ata o ángulo inferior. Nos animais é o bordo inferior.
Bordo medial
O bordo medial ou vertebral é o máis longo dos tres. Describe unha traxectoria curvilínea moi aberta e se estende dende o ángulo superior ata o ángulo inferior. En animais refírese a el coma bordo dorsal. Ángulos Hai tres ángulos na escápula, superior, inferior e lateral. O superior está cuberto polo músculo trapecio. O inferior está cuberto polo músculo dorsal ancho. O lateral ou glenoide ten a cavidade glenoide da escápula.
Acromion
O acromion é unha apófise ósea situada na parte superior da escápula. Forma parte da articulación acromioclavicular e se artella coa clavícula na articulación acromioclavicular.
Coracoide
A coracoide é outra apófise ósea da escápula, tamén da parte cranial do óso. Artéllase co acromion. Véxase tamén Tubérculo infraglenoide da escápula Tubérculo supraglenoide da escápula Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Esqueleto