Duel en enfer: Sherlock Holmes contre Jack l'Éventreur"Duel en enfer" de Bob García (Duelo no inferno: Sherlock Holmes contra Jack o Destripador) é unha novela de Bob GarcíaBob García: Ecrivain français publicada en novembro de 2008 por Éditions du Rocher.Éditions du Rocher
O escritor imaxinou unha investigación levada a cabo por Sherlock HolmesPara todos la 2 - Debate: Sherlock Holmes en 1888, coa finalidade de identificar ao célebre asasino coñecido co pseudónimo de Jack o Destripador. É grazas ao diario íntimo do Doutor Watson, fiel cronista na ficción das aventuras do famoso detective, que o lector pode descubrir a evolución e o resultado desta investigación.Técnicas y procedimientos policiales de investigación
Vínculos co caso de «Jack o Destripador» Elementos evocados na investigación
Nesta novela non todo é ficción. Sherlock HolmesA figura de Sherlock Holmes enfróntase a circunstancias e feitos que verdadeiramente formaron parte do asunto de «Jack o Destripador» en 1888, polo que case podería dicirse que se trata dunha novela histórica. De todas as maneiras, a maioría dos elementos que os ripperólogos consideran como indicios e feitos cun vínculo directo co caso, na novela son frecuentemente considerados por Holmes coma falsas pistas.
En efecto, neste marco HolmesPortal Sherlock-Holmes.es (en español) conclúe que o asasinato de Elizabeth Stride habitualmente atribuído ao «asasino de Whitechapel» foi en realidade cometido por outra persoa, sen vínculo directo co asasino en serie. Ademais, a inscrición encontrada nun muro de Goulston Street a noite da morte de Elizabeth Stride e de Catherine Eddowes, que aínda é discutida no seo da comunidade de ripperólogos, tamén é considerada polo detective de ficción como un falso indicio. Así mesmo, o pedazo de saia atopado ao pé desa inscrición tamén é considerado por Holmes coma sen relación co caso, o que resulta moi pouco probable na realidade, xa que no curso da verdadeira investigación da época foi ben estabelecido que dito xénero pertencía á vestimenta que realmente levaba Eddowes cando foi asasinada.
Pola súa parte, a carta «Dear Boss» asinada por «Jack o Destripador» da que tanto se falou, dende fin de setembro de 1888, é considerada na novela coma un engano dun periodista de nome «Thomas Bulling».Thomas Bulling Recórdase que a día de hoxe, a tese que sostén que Bulling sería o autor da citada carta, é xeralmente aceptada por quen se interesan nestas cuestións. Así mesmo e na novela, a carta «From Hell» tamén é considerada coma unha broma de mal gusto tramada por unha persoa con algún tipo de alteración ou de retardo, o que coincide co que xeralmente establecen os estudos serios sobre os feitos de 1888.
Teoría sobre a identidade do asasino en serie
Na novela,Bob Garcia: Sherlock Holmes contre Jack l'Eventreur, duel en enfer Bob García pon en valor unha tese raramente evocada en relación coa identidade do asasino en serie chamado «Jack the Ripper». En efecto, despois de que Holmes recopilase datos e realizase investigacións sobre certos sospeitosos realmente involucrados co caso (por exemplo, John Pizer ou a banda de rufiáns Old Nichol GangOld Nichol Gang), o detective terminou por descubrir que o asasino era un adolescente cuxa verdadeira identidade era practicamente imposible de determinar con exactitude.
A historia particularmente sórdida deste mozo, proporciona na novela un motivo plausible para cometer eses crimes. En efecto, seu pai sucumbiu a unha grave enfermidade cando seu fillo contaba apenas cuns poucos anos de idade. Pola súa parte súa nai, sen recursos, entón viuse obrigada a aloxarse en compañía de seu fillo e de súa filla nun edificio londiniense que non foi outro ca un bordel. Obviamente para poder subsistir e pagar o alugueiro, esta muller non tivo outra opción que prostituírse, obrigando logo aos seus novos fillos a seguir polo mesmo camiño.
Pero talvez o real suceso que veu a traumatizar definitivamente o pobre mozo, converténdoo máis tarde nun brutal asasino, desenvolveuse repentinamente durante unha determinada noite, na bodega daquela casa de compracencia. En efecto, a nai daquel neno entón estaba embarazada, e a encargada do lugar decidiu que o mellor era provocar o aborto, pero por total desorientación ou simple gusto polo horror, este aborto forzado desenvolveuse de forma brutal e inhumana. O baixo ventre da muller foi cortado para así recuperar o feto en formación, e sen recorrer neste procedemento ao que son as vías naturais. E o mozo, consternado, asistiu a esta terrible escena, que non tivo outro resultado que a morte da desgraciada por causa desta operación sumaria feita sen a debida asepsia.
Pouco tempo despois destes feitos, os dous nenos lograron escapar do bordel. Posteriormente, o mozo foi finalmente acollido nun ambiente familiar onde o consideraron coma un fillo. Mais a pesar desas mellores condicións xunto a estes pais adoptivos, a infancia traumatizante e desgraciada pesou grandemente no adolescente e no adulto novo, a tal punto de sufrir un incontrolable desexo de vinganza, que o impulsaba a matar e logo a destripar prostitutas do barrio de Whitechapel, dunha maneira similar ao que súa nai debeu pasar naquela noite terrible.
Cando Holmes finalmente logrou terminar a súa investigación identificando aquel rapaz como o asasino en serie, este atopábase entre a vida e a morte, pois seu pai adoptivo decidiu eliminalo tras descubrir as terribles actividades nocturnas do seu pupilo. Polo menos na novela, o mozo morreu antes que o detective puidese obter del máis informacións ou unha confesión formal. E ao preguntar aos pais adoptivos sobre a verdadeira identidade daquel que aloxaron e protexeron durante varios anos, estes confesaron que non o sabían con exactitude, pois polo vivido, o mozo gardaba unha prudente reserva. Así pois, a identidade exacta do asasino non puido ser xamais confirmada, segundo a trama desenvolvida por Bob García.
Alusión á SSHF
Bob García deslizou na súa novela unha referencia á Société Sherlock Holmes de France - SSHF (Sociedade Sherlock Holmes de Francia), da que o nomeado é membro. En efecto, na páxina 318 da edición orixinal, Holmes e Watson necesitan unha falsa identidade, e o detective explica a Watson que finxirá ser un tal «Terry Saint Johns». Pouco despois, na páxina 323, Watson interroga o seu amigo sobre a orixe dese falso nome, e o detective explica que inventou esta identidade baseándose no nome dun dos seus curmáns franceses chamado Thierry Saint-Joannis. En realidade, Thierry Saint-JoannisThierry Saint-Joannis é o nome do presidenteLe Français qui se prend pour Sherlock Holmes da citada "Société Sherlock Holmes de France"."Société Sherlock Holmes de France"
Edicións da novela
Ata a data, dúas edicións desta historia se editaron en francés, segundo o seguinte detalle:
Éditions du Rocher: novembro 2008 J'ai lu (poche): febreiro 2010
Notas
Categoría:Jack o Destripador Categoría:Obras literarias de 2008 Categoría:Novelas en francés