Kindness é o proxecto musical do artista, produtor e dj inglés Adam Bainbridge, neto de Amina Desai. Comeza a súa formación en Berlín no 2003 de xeito autodidacta usando como ferramenta o software musical Ableton. Após o seu paso polo Instituto de estudos avanzados de Filadelfia como artista residente foi aclamado como "un honesto investigador dedicado ao campo musical".
O seu sinxelo That's Alright ergueuse sobre a base e investigación dun sample da banda Trouble Funk's Still Smokin' (de 1985) referente do pouco documentado movemento da escena local de Washington, D.C., eminentemente de directo, o go-go.
Directos e colaboracións Kindness participou nos carteis dos festivais South by Southwest Kindness, Latitude FestivalKindness , Printemps De Bourges ou no Primavera Sound do Porto 2012 no Hard Club Kindness , antigo Mercado Ferreira Borges, entre outros.
Coa súa banda foi invitado ao directo de KEXP en Seattle, Washington, no seu labor de investigación musical contemporánea dirixe un programa homónimo dentro da radio da multinacional Red Bull e como dj colabora no programa de radio neoiorquino de Tim Sweeney.
Discografía
Álbums de estudio World, You Need a Change of Mind (16 de marzo de 2012) Otherness (13 de outubro de 2014) Something Like A War (6 de setembro de 2019)
Singles "Swingin Party" (28 de setembro de 2009) "Cyan" (26 de outubro de 2011) "SEOD" (8 de febreiro de 2012) "Gee Up" (16 de marzo de 2012) "House" (15 de xuño de 2012) "That's Alright" (21 de setembro de 2012) "World Restart" (12 de agosto de 2014) "This Is Not About Us" (4 de setembro de 2014) "Who Do You Love?" (2 de xaneiro de 2015)
Remixes "Blood Orange – Uncle Ace" (Kindness remix feat. Robert Owens) (10 de abril de 2014) "Röyksopp & Robyn – Monument" (Kindness remix feat. Busiswa) (15 de agosto de 2014)
Versións Solange "Some Things Never Seem to Fucking Work" (febreiro de 2015)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de música electrónica