A VG-4.6 ou Vía de Alta Capacidade Alto da Portela-Menduíña (Corredor do Morrazo) (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades do Alto da Portela (Bueu) e Menduíña (Cangas de Morrazo); atravesa os concellos de Cangas de Morrazo e Bueu. Ten unha lonxitude de 2,96 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa CG-4.1 no Alto da Portela (Bueu) e finaliza nun cruzamento coa PO-315 en Menduíña (Cangas).

Percorrido

Inicia na final do corredor de Morrazo, CG-4.1, no Alto da Portela, preto do lugar da Portela (concello de Bueu), co semiligazón á estrada PO-551, só sentido Menduíña, seguindo á ligazón do polígono industrial de Castiñeira coa estrada EP-1301 e remata na rotonda da estrada PO-315 no lugar de Menduíña (concello de Cangas de Morrazo), un vai en dirección sur á parroquia de Aldán (concello de Cangas) e outro vai en dirección norte á parroquia de Beluso (concello de Bueu).

Historia

As primeiras obras iniciaron en maio de 2003 e forma parte do ramal do corredor do Morrazo, CG-4.1 no treito final deste mesmo corredor e foi inaugurado en decembro de 2005, entre a autoestrada AP-9 e Menduíña (Cangas de Morrazo).

Treitos

Denominación Treito Kms Ano servizo Alto da Portela - Menduíña 3 2005

Notas

Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra Categoría:Cangas de Morrazo Categoría:Bueu Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes