A AC-526 (na provincia da Coruña), coñecida como o Acceso ao Porto de Lorbé da Vía Ártabra, é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Veigue (Sada) e o Porto de Lorbé (Oleiros); atravesa os concellos de Sada e Oleiros. Ten unha lonxitude de 1,2 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa VG-1.3 en Veigue (Sada) e finaliza no porto de Lorbé (Oleiros). Consta dunha sección de dous carrís de 3,5 metros de largo e beiravías de 1,5 m. A obra foi executada grazas a un convenio asinado en 2008 por Portos de Galicia e as Consellarías de Mar e Infraestruturas e tivo un investimento de 1.689.881,11 euros.

Historia

As primeiras obras da Vía Ártabra iniciouse coa primeira fase dos 2 treitos, en xaneiro de 2009. Un dos 2 primeiros treitos iniciaron entre a estrada N-6 e Meirás (Sada) e o seguinte treito de Meirás (Sada) ata o porto de Lorbé. Ao cambiar o goberno da Xunta de Galicia, modificaron o proxecto e dividiron en 3 treitos, deixando o último treito entre Veigue (Sada) e o porto de Lorbé. En setembro de 2012, paralizaron as obras para facer unha modificación do traxecto e non ata finais de xuño de 2016, renovaron as obras e finalmente puxo en servizo o 3 de abril de 2017.

Notas

Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Sada Categoría:Oleiros Categoría:Vía Ártabra Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes