miniatura Izabella Akhatovna Akhmadulina (ruso: Бе́лла (Изабе́лла) Аха́товна Ахмаду́лина, ), nada en Moscova o 10 de abril de 1937 e finada o 29 de novembro de 2010, foi unha poeta e tradutora soviética e rusa, que formou parte da Nova Vaga rusa, considerada unha das mellores poetas da segunda metade do século XX Marina Ledkovskaia-Astman, Charlotte Rosenthal e Mary Fleming Zirin (1994) Dictionary of Russian Women Writers Greenwood Publishing, p. 4.

Traxectoria Naceu en Rusia de pai tártaro e nai ruso-italiana. Evacuada a Kazán cao estalar a segunda guerra mundial, comezou a súa actividade literaria nos seus anos de instituto, publicando as súas primeiras composicións en 1955. Tras rematar a secundaria, entrou no Instituto de Literatura Maxim Gorki, graduándose en 1960. Nesa época publicou diversos poemas en diferentes publicacións. En 1959 expulsárona por opoñerse á persecución de Boris Pasternak, porén despois puido volver. Nese ano escribiu un dos seus poemas máis coñecidos "По улице моей который год…". En 1962 apareceu a primeira colección poética, Struna, que se converteu nun éxito. Entre os poemarios salientan Uroki Muzyki (1970), Stikhi (1975), Svecha (1977), Sny o Gruzii (1977), Taina (1983) ou Poberezhye (1991). Pola colección Sad levou o premio estatal da URSS en 1989. Tamén escribiu ensaios sobre Alexander Pushkin e mais Mikhail Lermontov. dereita|miniatura|240x240px|Bella Akhmadulina e Anna Netrebko na cerimonia de entreda do Premio Estatal de Rusia no Kremlin Nunha carta aberta apoiou ao exiliado Andrei Sakharov. e en outubro de 1993 asinou a "Carta dos corenta e dous". Despois da caída da Unión Soviética publicou Larets i Kliutch (1994), Zvuk Ukazuyushchiy (1995) e Odnazhdy v Dekabre (1996).

A súa poesía caracterízase polo seu intenso lirismo, polas súas formas refinadas e cargada de imaxes e o humor no seo dun estilo "resolutamente apolítico". Nos seus primeiros traballos utilizou cuarteto rimados, con vivencias imaxinativas da vida diaria nunha linguaxe chea de arcaísmos e neoloxismos. A relixión e a filosofía convertéronse en temas principais nas súas últimas obras. Como tradutora verteu ao ruso a poetas clásicos e modernos da Unión Soviética, así como a europeos e norteamericanos.

Notas

Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Poetas de Rusia Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Tradutores ao ruso Categoría:Nados en Moscova