Santos Isasa y Valseca, nado en Montoro, Córdoba, o 31 de decembro de 1822 e finado en Madrid, o 18 de decembro de 1907, foi un avogado e político español que chegou a ocupar o cargo de ministro de Fomento e a presidencia do Tribunal Supremo durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena.

Traxectoria Desde Montoro, marchou a Madrid onde se licenciou en Dereito na Universidade Central. Conseguiu por oposición dúas cátedras: de Ensino Medio e na Escola Superior de Diplomática, onde exerceu a docencia, desde 1857, na materia Historia de España en los siglos medios.

De tendencia conservadorea, afiliado á Unión Liberal, apoiado por Joaquín Aguirre de la Peña,Pasamar & Peiró (2002), p. 331 foi gobernador de Cádiz entre o 24 de xullo de 1863 e o 14 de novembro do mesmo ano. Comezou a súa carreira política como deputado por Córdoba nas eleccións de 1863, e conseguiu repetir escano nas sucesivas eleccións celebradas até 1893.

Durante a I República, polas súas ideas monárquicas, mantívose afastado da política pero durante a Restauración exerceu numerosos cargos e retornou ao Congreso. Era amigo de Cánovas del Castillo e afiliose ao Partido Liberal Conservador. Posteriormente, foi nomeado Ministro de Fomento entre o 5 de xullo de 1890 e o 23 de novembro de 1891 nun goberno que presidiu Cánovas. En 1895 foi nomeado Gobernador do Banco de España e en 1896 resultou elixido senador por Córdoba, pasando en 1898 a ser senador por "Dereito Propio" (vitalicio) atá a súa morte. Tamén foi presidente do Tribunal Supremo entre 1895 e 1901.

Tamén ostentou diversos cargos de tipo económico: conselleiro da Cia. de Caminos de Hierro del Norte de España (1882-1902) e presidente do Crédito Mobiliario (1891-1894).

ObrasPascual (1999), p. 196 Memoria por el Fiscal del Tribunal Supremo. Madrid, 1884. Dictamen sobre los efectos del nombramiento de D. Martín Larios. Madrid, 1888. Discurso del Presidente del Tribunal Supremo en la apertura de los Tribunales (15-IX-1896) Impr. Fortanet. Madrid, 1896. Discurso en la apertura de los Tribunales (15-IX-1897). Impr. Fortanet. Madrid, 1897.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España

Categoría:Finados en 1907 Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Nados en 1822 Categoría:Presidentes do Tribunal Supremo de España Categoría:Senadores de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Políticos da Unión Liberal Categoría:Políticos do Partido Conservador (España) Categoría:Ministros de Fomento de España Categoría:Nados en Montoro