Juan Bautista Trúpita Jiménez CisnerosO seu nome aparece na bibliografía indistintamente coas grafías «Trupita»/«Trúpita» y «Jiménez»/«Giménez» nado en Huércal-Overa (provincia de Almería), o 13 de agosto de 1815 e finado en Valdeolivas (provincia de Cuenca), o 14 de xuño de 1873Ministerio de Hacienda (2003)., p.112-113, foi un facendista e político español, ministro de Facenda e gobernador do Banco de España.
Traxectoria Como oficiais do Ministerio de Agricultura, marchou con José Magaz y Jaime en 1848, como bolseiros, a Francia, a Bélxica e a Inglaterra para estudar as bases da ciencia estatística. Xunto con Carlos Ibáñez e Ibáñez de Ibero (Marqués de Mulhacén), Emilio de Santos (promotor da Revista General de Estadística) e outros liberais, contribuíu a modernizar os estudos de estatística en España. Posteriormente pasou ao Ministerio de Facenda, onde foi nomeado director xeral de Contribucións (orde do 16 de abril de 1850)Boletín oficial del Ministerio de Hacienda (1º semestre 1850), vol I, Imprenta Nacional. Madrid. p.597 e chegaría a ser ministro en 1864.
En 1855, laiouse da imposibilidade de realizar un catastro por mor da pobreza do tesouro público, que impediu a asignación de fondos para esta tarefaVallejo Pousada, Rafael (2010), p.87. Interveu na preparación da Estatística administrativa da Dirección xeral de Contribucións de 1855.
Vida política Dende 1857, foi deputado por Cuenca durante varias lexislaturas polo que, en 1864, foi nomeado senador vitalicio (até 1868), ano no que exerceu durante uns meses, dende o 17 de xaneiro até o 1 de marzo, o cargo de ministro de Facenda. A partir de xullo de 1866 e até outubro de 1868, foi gobernador do Banco de España.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Vallejo Pousada, Rafael (2010). «La Estadística territorial española desde 1845 a 1900: ¿por qué no se hizo un Catastro en el siglo XIX?» . CT: Catastro (68): 81-115. ISSN 1138-3488 Comín Comín, Francisco; Martín Aceña, Pablo; Vallejo Pousada, Rafael (2006). Universidad de Zaragoza, ed. La Hacienda por sus ministros: la etapa liberal de 1845 a 1899. ISBN 9788477337799 Ministerio de Hacienda (2003). Ministerio de Economía y Hacienda, ed. Ministros de hacienda: de 1700 a 2004, tres siglos de historia . Madrid. ISBN 84-476-0576-0. Trúpita Giménez y Cisneros, Juan Bautista (1855). Est. Tip. de J. Antonio Ortigosa, ed. Estadística administrativa de la Dirección General de Contribuciones. (Procede do orixinal. Universidade Complutense de Madrid: dixitalizado o 30 de maio de 2008) Outros artigos Lista de gobernadores do Banco de España.
Categoría:Gobernadores do Banco de España Categoría:Nados en 1815 Categoría:Finados en 1873 Categoría:Senadores de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados