O Centro de Información Xudía de Galicia, tamén coñecido popularmente como Museo Sefardí de Galicia, é un museo galego situado en Ribadavia (Ourense) e adicado á historia e as principais singularidades do pobo xudeu en Galiza.
Situado no pazo dos Condes de Ribadavia, no número 7 da Praza Maior, o Centro de Información Xudía de Galicia ocupa o segundo andar do edificio, que comparte coa Oficina de Turismo e o Xulgado. A colección amosa algunhas pezas salientables da historia da comunidade xudía en Galiza como a menorá grabada nunha pedra da catedral de Tui, a lápida do século X-XI da Coruña, así como reproducións de obxectos ligados ao pobo e á cultura xudía.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Centro de Información Xudía de Galicia en turismo.gal
Categoría:Ribadavia Categoría:Xudaísmo en Galicia Categoría:Museos da provincia de Ourense