O caiapó tamén coñecido como mẽbengokre, é unha lingua jê falada polo pobo caiapó do Brasil. É unha lingua indíxena falada na parte oriental do Amazonas, no norte do estado de Mato Groso e en Pará. No 2010, tiña arredor de 8 638 falantes. Por mor do seu reducido número de falantes e da influencia do portugués, a lingua está no nivel seis de perigo de desaparición, xa que os materiais literarios e educativos en caiapó son moi limitados. O caiapó está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pobo caiapó

Categoría:Linguas jê Categoría:Linguas do Brasil