Arch Rivals é un videoxogo de baloncesto publicado por Midway en 1989. Lanzado por Midway como "A Basket Brawl", o xogo consiste nun dous contra dous no que é posible dar puñadas ós rivais para roubarlles o balón.
Arch Rivals permite ós xogadores escoller entre varios equipos de baloncesto ficticios e xogadores estrela. Unha das personaxes seleccionables, "Tyrone" tamén apareceu en segmentos de Power Team na serie de televisión Video Power. Foron publicadas diferentes versións do xogo para Nintendo Entertainment System, Sega Genesis/Mega Drive así como para Game Gear. Versións de emulador do xogo foron incluídas nos recompilatorios Midway Arcade Treasures 2, Midway Arcade Treasures Deluxe Edition e Midway Arcade Origins.
Notas
Categoría:Videoxogos de 1989 Categoría:Videoxogos arcade Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de Nintendo Entertainment System Categoría:Videoxogos de Sega Mega Drive Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América