miniatura|Igrexa de Buciños Buciños é un lugar da parroquia de Buciños que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o INE en 2017 tiña 23 habitantes (12 mulleres e 11 homes), catro mulleres menos ca en 2016. En 2018 eran 24 (14 mulleres e 10 homes).

Toponimia O nome do lugar deriva do antropónimo en latín relacionado con .

Fóra da parroquia ningún outro lugar de Galicia leva o nome de Buciños.

Patrimonio A igrexa parroquial, situada no lugar de Buciños, foi construída entre finais do século XVIII e comezos do XIX. No seu interior consérvanse as cinzas de San Pexerto mártir, atopado en xaneiro de 1823 nas catacumbas de San Calisto de Roma. Os restos foron doados en 1832 polo bispo de Valladolid José Antonio de Ribadeneira, natural desta parroquia, xunto cun vaso de sangue e a lápida de pedra do seu sepulcro anterior coas letras gravadas PEGERTVS. O nome Pegerto foi moi común na contorna, e se ben a xente do lugar pronuncia "Pegerto ou Peguerto", a evolución natural de ser palabra patrimonial sería Pexerto. A súa festividade celébrase o 9 de setembro, cunha romaría de sona porque a el ofrecíanse os mozos que entraban en quintas xa que era crenza que fora soldado en Roma. Moita xente ía o día 8 á Nosa Señora do Faro e xa continuaba para Buciños celebrar o San Pexerto.

Tamén era moi concorrida a festa do patrón San Miguel (29 de setembro) na que se xuntaba moita xente para "comer de campo" a carne ao caldeiro, o polbo á feira e a comida da casa. Ademais do campo da festa enchíanse de xente os prados da regueira. Como xa era unha festa tardía e no tempo da vendima repetíase o dito: San Miguel das uvas, tarde vés e pouco duras. miniatura|Casa onde naceu o escultor Manuel García Buciños Fronte á igrexa parroquial está a casa natal do escultor Manuel García "Buciños".

Buciños na cultura popular

Lugares e parroquias Lugares de Buciños

Parroquias de Carballedo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballedo

Categoría:Lugares de Carballedo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía