miniatura|260px|Ilustración de Nodder (1789) Melursus ursinus, xeralmente chamado oso beizudo, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dous úrsidos e subfamilia dos ursinos, o único representante do xénero Melursus.Melursus Meyer, 1793. En Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference.
É un oso insectívoro nativo do subcontinente indio. O oso beizudo evolucionou dun oso pardo (Ursus arctos) durante o Plistoceno e adquiriu características que se encontran en mamíferos comedores de insectos por converxencia evolutiva. A poboación illada en Sri Lanka é considerada unha subespecie. Comparados cos osos pardos e negros, os osos beizudos teñen un corpo desamañado, pelame longo, greñudo que forma unha melena arredor da face (similar á melena do león), garras longas con forma de media lúa, e un beizo inferior especialmente adaptado e un padal que usan para succionar insectos. Os osos beizudos reprodúcense durante a primavera e o inicio do verán e dan a luz preto do inicio do inverno. Aliméntanse de térmites, colonias de abellas, e froitas. Os osos beizudos ás veces atacan os humanos que traspasan os seus territorios. Historicamente, os humanos reduciron drasticamente o seu hábitat e fixeron diminuír as súas poboacións pola caza para comelo ou obter produtos como o seu óso peneano ou báculo e garras. Estes úrsidos utilizáronse como mascotas para facer exhibicións pola súa natureza domable.Servheen, C.; Herrero, S.; and Peyton, B. (1999). Bears: Status Survey and Conservation Action Plan. Gland, Switzerland: International Union for Conservation of Nature (IUCN) O oso beizudo está clasificado como especie vulnerable pola IUCN debido á perda de hábitat e o furtivismo.
Taxonomía Descrición Xénero O xénero foi descrito en 1793 polo médico, botánico e zoólogo (ornitólogo e teriólogo) alemán Bernhard Meyer.
Especie A especie fora descrita, dous anos antes polo médico, botánico e zoólogo inglés George Shaw, baixo o nome de Bradypus ursinus.
Sinónimos Do xénero Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Arceus Goldfuss, 1809 Chondrorhynchus Fischer de Waldheim, 1814 Prochilus Illiger, 1811 Prochylus Gray, 1821 Da especie A especie coñeceuse tamén por estes sinónimos: Melursus lybius Meyer, 1793 Bradypus ursinus Shaw, 1791 (protónimo)
Nota taxonómica O nome científico deste animal acabou sendo Melursus ursinus despois de diversos cambios. Inicialmente creuse que este animal estaba relacionado cos preguiceiros de Suramérica (Bradypus), e Shaw e Nodder en 1791 nomearon á especie Bradypus ursinus, indicando que era similar a un oso, pero dándolle máis valor ás súas grandes garras como as dos preguiceiros e ausencia de incisivos superiores. De feito, nalgúns idiomas o seu nome común aínda lembra aos preguiceiros, como en inglés, idioma no que se chama sloth bear (oso preguiceiro). Meyer (1793) identificouno claramente como un oso e chamouno Melursus lybius, e en 1817, de Blainville chamouno Ursus labiatus debido aos seus grandes beizos. Iliger denominouno Prochilus hirsutus, cun nome grego para o xénero que significa beizos grandes, mentres que o nome específico facía referencia ao seu pelo longo e basto. Fischer chamouno Chondrorhynchus hirsutus, mentres que Tiedemann o denominou Ursus longirostris.
Subespecies Dentro da especie, recoñécense dúas subespecies: Melursus ursinus ursinus Shaw, 1791 Melursus ursinus inornatus Pucheran, 1855
Evolución
Os osos beizudos deberon de chegar á súa forma actual no Plistoceno temperán, momento en que a familia dos osos se especializou e dispersou. Un fragmento de úmero fosilizado do Plistoceno atopado na cunca de Kurnool en Andhra Pradesh é idéntico ao dos modernos osos beizudos. O cranio fosilizado dun oso que se denominou inicialmente Melursus theobaldi encontrouse nos Shivaliks e data do Plistoceno temperán ou Plioceno temperán e certos autores pensan que representa un estadio intermedio entre os osos beizudos e os osos pardos ancestrais. O propio M. theobaldi ten dentes intermedios en tamaño entre os dos osos beizudos e os doutras especies de osos, aínda que o seu padal é do mesmo tamaño que as especies anteriores, polo que se teoriza que é o devanceiro directo do oso beizudo. A liñaxe que daría lugar aos osos beizudos probablemente se orixinou no Plioceno medio e evolucionaron no subcontinente Indio. Sufriron unha evolución converxente coa dos animais comedores de formigas.
Descrición física miniatura|270px|Cranio de oso beizudo: Nótese a falta dos dous incisivos superiores.
Os osos beizudos distínguense dos osos do Himalaia polo seu corpo desamañado, pelame greñudo, fociño claro, e garras brancas.WildLifeInformation.org , Melursus ursinus – Sloth bear Os adultos son osos de tamaño medio que pesan uns 130 kg como media, aínda que o peso pode variar de 55 a 124 kg nas femias e de 80 a 192 kg en machos.Barbara Hadley The Sloth Bear. IUCN/SSC. Bear Specialist Group. IAR.org.uk A altura ata a cruz é de entre 60 e 90 cm, e ten unha lonxitude de 1,4 a 1,9 m."Bear Anatomy and Physiology" in Brown, Gary (1993) The Great Bear Almanac, Lyons & Burford, Publishers As femias son menores que os machos e teñen máis pelame entre os ombreiros.
O seu morro é groso e longo, con mandíbulas pequenas e fociño bulboso con amplas ventas nasais. Teñen uns beizos inferiores longos que poden ser estirados sobre o bordo exterior do fociño, e carecen de incisivos superiores, o que lles permite succionar gran cantidade de insectos. Os premolares e molares son máis pequenos que noutros osos, xa que non mastigan moita vexetación. En adultos, os dentes están xeralmente en mal estado, debido á gran cantidade de solo que succionan e mastigan cando se alimentan de insectos. A parte posterior do padal é longa e ancha, como é típico noutros animais que comen formigas. As poutas son desproporcionadamente grandes e cunhas garras romas e con forma de media lúa moi desenvolvidas que miden 10 cm de lonxitude. As almofadas das súas dedas están conectadas por unha membrana sen pelo. Teñen a cola máis longa da familia dos osos, que chega a 15 a 18 cm. As patas traseiras non son moi fortes, aínda que teñen unha articulación do xeonllo que lles permite poñerse case en calquera posición. As orellas son moi grandes e flexibles. É o único oso con pelos longos nas orellas.Servheen, p. 225
O seu pelame é completamente negro (oxidado nalgúns espécimes) agás unha marca abrancazada con forma de Y ou V no peito. Esta característica está ás veces ausente, especialmente nos espécimes de Sri Lanka.Comcast.net , Sloth Bear Melursus ursinus, Final draft: Chapter for the book “Mammals of South Asia” (Eds. Johnsingh, A. J. T. and Manjrekar, N.), Authors: K. Yoganand, Clifford G. Rice and A. J. T. Johnsingh A mesma característica obsérvase no oso do Himalaia e no oso malaio, e pénsase que serve como unha exhibición de ameaza, xa que as tres especies son simpátricas co tigre. O pelame é longo, greñudo e desordenado, malia o ambiente relativamente cálido no que vive, e é especialmente mesta detrás do pescozo e entre os ombreiros, formando unha melena que pode ter 30 cm de longo. O ventre e partes baixo as patas están case espidas.
Comportamento miniatura|250px|Oso beizudo de Sri Lankan subido a unha árbore
Os adultos poden viaxar en parellas, e os machos son amables coas crías. Poden loitar pola comida. Camiñan cun paso lento e arrastrando os pés, e pisan facendo ruído, pero poden galopar rápido superando unha carreira humana."Bear Behavior and Activities" in Brown, Gary (1993) The Great Bear Almanac, Lyons & Burford, Publishers Aínda que parecen lentos e torpes, tanto os individuos novos coma, en menor medida, os adultos son excelentes gabeadores.Servheen, p. 219 Gabean para alimentarse e descansar, pero non para escapar dos inimigos, xa que nese caso prefiren manterse firmes no seu lugar. As nais levan ás costas as crías ata os nove meses de idade como método de defensa primario contra os predadores, como tigres, leopardos e outros osos, en vez de facelos gabear a unha árbore.Servheen, p. 226 Poden gabear por superficies lisas e colgarse boca abaixo como os preguiceiros suramericanos. Son bos nadadores, e entran na auga principalmente para xogar. Para marcar os seus territorios, rabuñan as árbores coas poutas anteriores, e fréganse contra elas cos seus flancos. Emiten variadas vocalizacións. Gary Brown, no seu Great Bear Almanac, fai unha lista duns 25 sons diferentes en 16 contextos, que poden emitir. Cando están incomodados, ameazados ou loitando fan sons como ladridos, chíos, gruñidos, ruxidos, sopridos e ouveos. Cando están feridos ou asustados, chían, ouvean ou xemen. Cando se alimentan fan un ruído forte de inhalación ou succión, que se pode oír a máis de 100 m de distancia. Cando descansan ou lamben as poutas fan sons parecidos a balbucir ou rumbar. As femias lactantes emiten sons suaves para as crías. É máis ruidoso cando se aparea, momento en que fai chamadas melodiosas altas. Non hibernan. Fan uns leitos para deitarse con ramas rotas nas árbores, e descansan en covas durante a estación húmida. Son os máis nocturnos de todos os osos, aínda que as nais lactantes son máis activas de día cando están coas crías.
Reprodución miniatura|esquerda|Nai cunha cría ás costas no Santuario do oso beizudo de Daroji, India miniatura|Crías de sete días de oso beizudo A estación reprodutora do oso beizudo varía segundo a localización: na India, aparéanse en abril, maio e xuño, e dan a luz en decembro e inicios de xaneiro, mentres que en Sri Lanka o apareamento ten lugar durante todo o ano. As nais xestan durante 210 días, e normalmente dan a luz en covas ou refuxios baixo penedos. As camadas constan de só unha ou dúas crías, raramente de tres. Os osiños nacen cegos e abren os ollos catro semanas despois. As crías desenvólvense rapidamente en comparación con outras especies de osos: empezan a camiñar un mes despois de nacer, son independentes aos 24 a 36 meses, e chegan á madurez sexual aos tres anos. As crías novas soben ás costas das súas nais e permanecen así cando esta camiña, corre ou gabea polas árbores ata que chegan a ter un terzo do seu tamaño. As crías loitan entre elas para manter determinados postos a cabalo das súas nais. Os intervalos entre as camadas poden ser de dous a tres anos.
Alimentación
Os osos beizudos son expertos cazadores de térmites, que localizan polo olfacto. Cando chegan a un termiteiro, rabuñan a estrutura coas garras ata que chegan ao fondo das galerías, e retiran a terra con violentos sopridos. As térmites son succionadas co fociño producindo un forte son que pode ser escoitado a máis de 100 m de distancia. O seu sentido do olfacto é dabondo agudo como para detectar larvas a case 1 m de profundidade. A diferenza doutros osos, non se congregan en grupos para a alimentación. Raramente depredan outros mamíferos. Poden suplementar as súas dietas con froita e vexetais; en marzo e abril comen os pétalos caídos da árbore Madhuca longifolia e son afeccionados ás mangas, cana de azucre, froitos de Artocarpus heterophyllus e ás vaíñas da árbore Cassia fistula. Gustan moitísimo do mel. Cando alimentan as crías, as femias regurxitan unha mestura de froitas semidixeridas (de Aegle marmelos ou Arthrocarpus heterophyllus) e de panais de abellas. Esta substancia pegañosa endurece tomando cor amarela escura e unha forma circular que parece un pan e do que se alimentan as crías. Este "pan de oso" é considerado un manxar por algúns nativos da India.
Relacións con outros animais
Os grandes dentes caninos do oso beizudo en relación co seu tamaño corporal e co tamaño dos caninos doutros osos, e a súa natureza agresiva poden ser unha defensa contra as interaccións con especies grandes e perigosas como os tigres, elefantes e rinocerontes.Servheen, pp. 226–7