dereita|miniatura|Unidade da serie 592 como a accidentada.

O accidente ferroviario do Porriño de 2016 foi un descarrilamento ferroviario que tivo lugar o 9 de setembro de 2016 no Porriño. O tren cubría o servizo Celta entre Vigo e Porto.

O accidente tivo lugar ás 9:25 da mañá á entrada da estación do Porriño desde Redondela. Unha unidade 420 de Comboios de Portugal descarrilou e provocou a morte de 4 persoas (o maquinista José Arnaldo Moreira, de nacionalidade portuguesa, o interventor e dous pasaxeiros, un deles de Vigo e outro estadounidense) e 48 feridas. En total viaxaban no tren 63 persoas.

Tras a recuperación da caixa negra comprobouse que o tren circulaba a 118 km/h nun tramo limitado a 30. Estaba nun tramo recto cando descarrilou, e logo de chocar cuns paus o tren quedou parado contra unha torre de electricidade.

Tras o accidente abriuse unha investigación por parte da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios.

Notas

Porriño Categoría:2016 en Galicia Categoría:O Porriño