Fun and Fancy Free é un filme de animación producido por Walt Disney e estreado o 27 de setembro de 1947 por RKO Radio Pictures. Foi o noveno dos filmes de animación de Disney e o cuarto dos filmes recompilatorios que o estudio produciu na década de 1940 para aforrar cartos durante a segunda guerra mundial. Estes filmes axudaron a financiar obras posteriores como Cinderella, Alice in Wonderland ou Peter Pan.
O filme contén dúas historias, a primeira das cales, Bongo, é presentada por Jiminy Cricket e narrada por Dinah Shore. Está baseada na historia curta "Little Bear Bongo" de Sinclair Lewis, Bongo e conta a historia dun oso de circo que soña cola liberdade. Bongo escapa do circo e namórase dunha osa salvaxe chamada Lulubelle, e descobre que debe probar o seu amor para conseguir o de Lulubelle. A segunda historia, Mickey and the Beanstalk, é presentada por Edgar Bergen e é unha adaptación da historia Xan o das fabas máxicas protagonizada por Mickey, Donald e Goofy que interpretan tres labregos que descobren o castelo do xigante Willie empregando unhas fabas máxicas. Deben combater co xigante para restaurar a paz no seu val. Mickey and the Beanstalk foi a derradeira vez que Walt Disney puxo voz a Mickey Mouse, xa que estaba demasiado ocupado noutros proxectos. Disney substituíuno polo artista de efectos de son James MacDonald.
Personaxes Edgar Bergen como el mesmo, Charlie McCarthy e Mortimer Snerd Luana Patten como ela mesma Dinah Shore como cantante, narradora de Bongo Cliff Edwards como Jiminy Cricket Walt Disney como Mickey Mouse Clarence Nash como Donald Duck Pinto Colvig como Goofy Billy Gilbert como Willie the Giant Anita Gordon como arpa The King's Men como corvos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1947 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre osos Categoría:Filmes baseados en Xan o das fabas máxicas Categoría:Filmes dirixidos por Bill Roberts Categoría:Filmes dirixidos por Hamilton Luske Categoría:Filmes dirixidos por Jack Kinney Categoría:Filmes producidos por Walt Disney Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures