Soiuz 1 foi o nome da primeira misión tripulada dunha cápsula Soiuz, en concreto unha cápsula modelo 7K-OK. Foi lanzada o 23 de abril de 1967 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur e rematou en traxedia.

Características A misión de Soiuz 1 foi probar a nova cápsula Soiuz 7K-OK por primeira vez cun cosmonauta a bordo, Vladimir Komarov, e tras tres voos de proba non tripulados que finalizaron con problemas. O plan era lanzar a Soiuz 2 con tres tripulantes a bordo o día posterior á Soiuz 1 e facer manobras conxuntas no espazo.

Pouco despois do lanzamento comezaron os problemas para Komarov: un dos dous paneis solares da cápsula Soiuz non se despregou, quedando pegado do módulo de servizo. Ademais apareceron dificultades co control da nave debido a interferencias entre o sistema de control a reacción e os sensores de fluxo de ións que proporcionaban información sobre a posición da nave. O control de terra decidiu que Komarov debía volver, dadas as condicións do voo. O primeiro intento de retropropulsión para a reentrada atmosférica non tivo éxito debido aos problemas de orientación da nave, así que Komarov fixo un acendido manual, que logrou sen problemas. A reentrada produciuse con normalidade e o paracaídas de freado funcionou sen problemas, pero debido a un fallo nun sensor de presión o paracaídas principal non chegou a despregarse. Komarov deu activado o paracaídas de reserva, pero leouse co de freado, impedindo que funcionara. O impacto contra terra, cerca da cidade de Oremburgo e sobre as 7:00 do 24 de abril, esnaquizou o módulo de descenso e matou a Komarov.

O accidente da Soiuz 1 foi a continuación dos problemas atopados nos voos de proba non tripulados anteriores e das presións políticas para ser lanzada a pesar de todo. O voo programado da Soiuz 2 non tivo lugar ata varios meses despois.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 11A511

Notas

Categoría:Programa Soiuz