miniatura|Ruínas da abadía de Lindisfarne. Colmán de Lindsfarne ou Colmann ou Colmanus (en latín), nado en Connacht (Irlanda) ca. 605 e finado na abadía de Inishbofin (tamén Irlanda), o 8 de agosto de 674 ou 676, foi un monxe gaélico-irlandés, abade e bispo de Lindisfarne. É venerado como santo en varias relixións cristiás. Unha fonte
Traxectoria Colmán orixinario da zona oeste de Iralanda, recibiu a súa formación como monxe columbán na abadía de Iona (Escocia), onde foi discípulo de san Columba, e coetáneo de Aidan e Finian de Lindisfarne. de marchou ó mosteiro ou abadía de Lindisfarne (reino de Northumbria, Inglaterra). En 661 foi nomeado bispo e abade de Lindisfarne, sucedendo a Finian, e mantívose no cargo até 664.
En 664 rei Oswiu de Northumbria convocou o sínodo de Whitby, para dilucidar que rito se mantiña na liturxia das illas británicas, o estilo da tonsura, o papel do bispo, o cálculo da data de Pascua e outros usos eclesiásticos celtas. Colmán liderou o partido que apoiaba o mantemento do rito e organización do cristianismo céltico, porque pensaba que facilitaba a conversións dos pagáns. Porén, ao imporse finalmente o rito romano, Colmán que estaba en contra, renunciou ao seu cargo de bispo e cos seus seguidores gaélico-irlandeses e 30 monxes saxóns retornou a Iona, levando consigo os restos de santo Aidan. O seu sucesor na abadía de Lindisfarne foi Tuda. miniatura|Restos da abadía de Mayo. Entre 665 e 667, fundou varias igrexas en Escocia e en 668, mudouse para a súa terra orixinaria e fundou un mosteiro en Inishbofin, illa do condado de Galway, na costa oeste de Irlanda, onde estableceu unha nova comunidade. Como resultado dun conflito interno que dividiu ao mosterio, os monxes gaélico-irlandeses quedaron en Inishbofin e el marchou cos monxes saxóns cara "Magh Eó" (a chaira das árbores de texo; en gaélico) -actual condado de Mayo- onde fundou outro mosteiro e onde depositou a metade das reliquias de Lindisfarne que incluían unha parte da verdadeira cruz. Posteriormente, nomeou primeiro abade a Gerald, un saxón, e el retornou a Inishbofin onde morreu. Cara ao ano 700, ese mosteiro que medrou moi rapidamente, era coñecido en toda a cristiandade como "Mayo dos saxóns".
A súa festa celébrase o 8 de agosto.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía "The Historical Works of Simeon of Durham", en: Church Historians of England, volume III, Seeley's, 1855. Beda Venerabilis, Historia ecclesiastica gentis Anglorum III , Fordham University, NY Beda Venerabilis, Historia ecclesiastica gentis Anglorum IV , Fordham University, NY Biographisch-Bibliographisches Kirchenlexikon (BBKL).
Ligazóns externas Colmán 1 na Prosopography of Anglo-Saxon England
Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Venerados pola Comuñón Anglicana Categoría:Finados en 675 Categoría:Nados en Connacht