Urup (, , ) é unha illa volcánica deshabitada na cadea das Illas Kuriles no sur do Mar de Okhotsk, ao noroeste do océano Pacífico. O seu nome derívase da palabra en lingua ainu para troita. Anteriormente coñecíase como "Terra da Compañía".Huigen, Siegfried, J. L. de Jong, and E. Kolfin. (2010). The Dutch trading companies as knowledge networks. Leiden: Brill.
Xeografía e clima Urup ten unha forma aproximadamente rectangular, medindo 120 km de longo e aproximadamente 20 km de largo. É a cuarta máis grande das illas Kuriles, cunha superficie de 1.430 km². O punto máis alto é Gora Ivao con 1.426 m.
O estreito entre Urup e Iturup é coñecido como o estreito de Vries, na honra do explorador Maarten Gerritsz Vries, o primeiro europeo coñecido en explorar a área. O estreito entre Urup e Simushir coñécese como estreito de Bussol, pola palabra francesa para "compás", que era o nome dun dos navios de La Pérouse. Este navegante francés explorou a área das Illas Kuriles en 1787.
Urup consiste en catro grupos principais de estratovolcáns activos ou inactivos: Kolokol Group (), cunha altura de 1.328 m entrou en erupción en 1973. Rudakov (), cunha altura de 524 m ten un cráter de 700 m de ancho,en forma de funil que conten un lago de 300 m. de ancho. Tri Sestry (;), cunha altura de 998 m as súas abas están cortadas por profundos barrancos e ten numerosas augas termais. Gora Ivao (), cunha altura de 1.426 m é o máis alto da illa. O cono máis ao sueste divide un val glacial, formando un lago.
Malia a súa latitude templada, a corrente oceánica fría de Oyashio e a potente depresión das aleutianas combínanse para dar a Urup un clima subartico con suaves veráns de néboa e invernos fríos e nevados. En realidade, o clima aseméllase ao clima subpolar oceánico das illas Aleutianas moito máis que o clima hipercontinental de Siberia ou Manchuria, pero a media de febreiro de -5´8 °C está moi por baixo do límite dos climas "oceánicos". Urup, do mesmo xeito que todas as illas Kuriles, experimenta forte atraso estacional, coas temperaturas máis altas en agosto e setembro, as máis baixas en febreiro e as temperaturas típicamente máis cálidas no equinoccio de outono que no solsticio de verán.
Historia Urup foi orixinalmente habitada polo pobo ainu, o pobo nativo das Kuriles, Sakhalin e Hokkaidō. A primeira visita rexistrada dos europeos foi en 1643, cando unha expedición da Compañía das Indias Orientais Holandesas comandada por Maarten Gerritsz Vries desembarcou, probablemente buscando peles. Aparece nun mapa oficial que mostra os territorios do clan de Matsumae, unha división administrativa do reino feudal Edo (Xapón) de 1644, e estas posesións foron confirmadas oficialmente polo Shogunato Tokugawa en 1715. A administración da illa dependeu da oficina rexional do dominio de Matsumae en Kunashir desde 1756.
Os comerciantes rusos de peles apareceron a finais do século XVIII, cazando lontras de mar e apoderándose de barcos estranxeiros na zona. Houbo choques entre os rusos e os ainu en 1772, e os rusos fóronse por un tempo, pero pronto regresaron. G.F. Muller’s Voyages & Découvertes faites par les Russes (Ámsterdam, 1766) contiña unha lista e unha descrición das illas Kuriles, incluíndo a Urup, cuxa xente comerciaba cos xaponeses pero non estaban baixo o seu control. Unha pequena presenza rusa estableceuse en Urup polo comerciante de peles Ivan Chernyi en 1768, seguindo instrucións do gobernador de Siberia. Durante a década de 1770 foi a base para os intentos de establecer o comercio cos xaponeses en Yezo (Hokkaido), que chegou ao seu fin cando foi destruído por un tsunami en xuño de 1780.George A. Lensen, The Russian Push toward Japan:Russo-Japanese relations, 1697–1875, Princeton University Press, 1959, pp. 61–85; Valery O. Shubin, ‘Russian Settlements in the Kuril Islands in the 18th and 19th centuries’, Russia in North America: Proceedings of the 2nd International Conference on Russian America, Kingston & Fairbanks, Limestone Press,1990, pp. 425–450.
Durante a década seguinte a 1795, un grupo de 40 homes e mulleres rusos estableceron en Urup unha colonia bautizada "Slavorossiia".John J. Stephan, The Kuril Islands, Oxford, Clarendon Press, 1974, pp. 64. En 1801, o goberno xaponés reclamou oficialmente o control da illa, incorporándoa na provincia de Ezo (agora Prefectura de Hokkaidō). Isto conduciu a unha serie de enfrontamentos co Imperio ruso sobre Urup e outras Kuriles, e a soberanía inicialmente pasou a Rusia baixo os termos do Tratado de Shimoda en 1855. O mesmo ano, nun esforzo para atopar a Armada Imperial Rusa rusa no océano Pacífico durante a guerra de Crimea, unha forza naval franco-británica alcanzou o porto de Hakodate, (aberto aos buques británicos como resultado do Tratado de amizade anglo-xaponés de 1854, e navegando máis ao norte, dessembarcaron en Urup, tomando posesión oficial da illa como "l'Isle de l'Alliance" nomeando a un habitante local aleut como gobernador provisional. O tratado de París restituíu a illa ao control ruso.Thierry Mormanne : "La prise de possession de l'île d'Urup par la flotte anglo-française en 1855", Revue Cipango, "Cahiers d'études japonaises", No 11 hiver 2004 pp. 209–236.
Tres baleeiros naufragaron cerca ou na illa: un en 1853 e dous en 1855. Na noite do 27 ao 28 de abril de 1853, o barco "Susan" (349 toneladas), de Nantucket, foi atrapado polo xeo e afundiuse no estreito de Bussol mentres intentaba entrar no mar de Okhotsk. Perdéronse dous homes, un afogou e o outro perdeuse no xeo. Os outros vinte e cinco membros da tripulación apiñáronse en dous botes e chegaron a Urup a tarde do 29 de abril. Aquí pasaron oito días antes de ser rescatados polo bricbarca Black Warrior, de New London.The Friend, Honolulu, Vol. II, No. 10, Nov. 1, 1853, p. 93. O 13 de maio de 1855, os barcos "King Fisher" (425 toneladas), e "Enterprise" (291 toneladas), ambos de New Bedford, naufragaron na illa mentres intentaba pasar a través do estreito de Vries no mar de Okhotsk. Salváronse todos.Lexington, of Nantucket, 31 de maio de 1855, Nantucket Historical Association.
Baixo o Tratado de San Petersburgo, a soberanía pasou ao Imperio do Xapón xunto co resto das illas Kuriles. A illa foi oficialmente administrada como parte do distrito de Uruppu da Subprefectura de Nemuro de Hokkaidō. Os habitantes de ainu foron trasladados a Shikotan, e substituídos por colonos xaponeses.
Durante a segunda guerra mundial, todos os habitantes civís da illa foron trasladados ao arquipélago xaponés, e cara ao final da guerra, o exército imperial xaponés estacionou aproximadamente 6.000 soldados en Uruppu, incluíndo a 129ª Brigada Mixta Independente IJA, a 5ª Compañía Independente de Tanques, a 23ª Compañía Independente de AA, o 80º Batallón de Aeródromo e a 6ª Unidade de Desembarque. Durante a invasión das Illas Kuriles pola Unión Soviética despois do final da segunda guerra mundial, as forzas xaponesas en Uruppu rendéronse sen resistencia.
En 1952, ao asinar o Tratado de San Francisco, Xapón renunciou a súa reclamación da illa. As tropas de fronteira soviéticas ocuparon as antigas instalacións militares xaponesas ata que foron retiradas trala disolución da Unión Soviética en 1991. A illa agora está deshabitada e adminístrase como parte do Óblast de Sakhalin da Federación Rusa.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Illas Kuriles
Ligazóns externas
Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Illas de Rusia