A lingua naukan é unha lingua esquimó-aleutiana falada por preto de 70 persoas do pobo naukan (нывуӄаӷмит) na península de Chukotka. É unha das catro linguas iupik, xunto co iupik de Siberia, o iupik de Alasca central e o alutiiq. O naukan está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Linguisticamente, é unha fala intermedia entre o iupik de Siberia e o iupik de Alasca.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Linguas esquimó-aleutianas Categoría:Linguas de Rusia