Leonardo Demétrio, nado o 24 de marzo de 1994 en Curitiba, Paraná, é un xogador profesional de baloncesto brasileiro, aínda que tamén posúe a nacionalidade italiana. Actualmente xoga para o Carpegna Prosciutto Pesaro da Lega Basket Serie A. Cunha altura de 2,04 metros xoga na posición de ala-pivote.
Traxectoria Nado en Curitiba, Paraná, Demétrio chegou ao Círculo Militar do Paraná en 2004, onde comezou a xogar ao baloncesto. Catro anos despois, en 2008, gañou relevancia nacional defendendo a selección paranaense de base. En 2011, con dezasete nos, múdase para Belo Horizonte, onde comeza a xogar no Minas Tênis Clube, equipo da máxima categoría do baloncesto brasileiro. Destaca na súa temporada 2015−16, facendo unha media de 10,8 puntos, 5,6 rebotes e 11,6 de valoración en 23 minutos de xogo por partido, o que leva a asinar en maio de 2016 polo Montakit Fuenlabrada da Liga ACB. No equipo castelán disputa tres partidos, un de fase regular e dous de playoff, facendo unha media de 3 puntos e 2 rebotes en 8 minutos por partido. Na temporada 2016−17 xoga para o Actel Força Lleida de Liga LEB, onde fai unha media de 10,9 puntos e 5,6 rebotes por encontro. Tras un bo ano no equipo catalán, o 6 de setembro de 2017 asinou polo Cafés Candelas Breogán.
Clubs 20px|border|NBB Minas Tênis Clube (NBB, 2012−2016) 20px|border|ACB Montakit Fuenlabrada (ACB, 2016) 20px|border|LEB Actel Força Lleida (LEB, 2016−2017) 20px|border|LEB Cafés Candelas Breogán (LEB, 2017−2018) 20px|border|LEB Bilbao Basket (LEB, 2018−2019) 20px|border|NBB Flamengo (NBB, 2019−2021) 20px|border|LBA Carpegna Prosciutto Pesaro (LBA, 2021−presente)
Selección Demétrio defendeu diversas seleccións de base do Brasil. Foi subcampión da Copa América sub-18 e disputou o Mundial sub-19 no ano seguinte. En 2013, foi escollido para o International All-Tournament Team do Nike Global Challenge. En 2015, foi convocado para a disputa da Universíada, onde o Brasil ficou co cuarto lugar. En 2016 foi convocado coa selección absoluta para disputar o Suramericano de 2016, porén, non chega a xogar o torneo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en FEB.es
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Curitiba Categoría:Xogadores de baloncesto do Brasil Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada Categoría:Xogadores do Lleida Bàsquet Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Bilbao Basket Categoría:Xogadores do Victoria Libertas Pesaro