Soiuz 29 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 15 de xuño de 1978 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz 29, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Vladimir Kovalionok e Aleksandr Ivanchenkov a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6. Unha vez a bordo a tripulación adicouse a tarefas de mantemento e facer diversos experimentos. A estación recibiu a visita da Soiuz 30 o 29 de xuño e da Soiuz 31 o 7 de setembro, ambas misións Interkosmos, mentres que as Progress 2 e 3 avituallaron á tripulación acoplándose o 9 de xullo e o 10 de agosto respectivamente. O 3 de setembro a Soiuz 29 volveu a terra cos cosmonautas da Soiuz 31 (Valeri Bikovski e o alemán Sigmund Jähn). O 7 de setembro, Kovalenko e Ivanchenkov moveron a Soiuz 31 do porto posterior ao porto anterior da estación, a primeira manobra deste tipo e que deixou sitio libre para a Progress 4. A tripulación estableceu un récord de permanencia no espazo, cos seus case 140 días na estación.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz U Soiuz 25 Soiuz 26 Soiuz 27 Soiuz 28 Saliut 6
Notas
Categoría:Programa Soiuz