Soiuz 33 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 10 de abril de 1979 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soyuz 33, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Nikolai Rukavishnikov e Georgi Ivanov (primeiro cosmonauta búlgaro) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6 nunha misión do programa Interkosmos. O acoplamento fallou debido a un problema co motor principal da nave Soiuz : a 4 km de distancia da estación a nave acendeu o seu motor no que deberían ser 6 segundos de ignición, pero apagouse aos 3. O sistema Igla de acoplamento automático tamén fallou. Os tripulantes da estación, observando a manobra, informaron de lapas saíndo dos laterais do motor, polo que o control de terra decidiu abortar o achegamento e que a Soiuz 33 regresara a terra canto antes. A nave usou o motor de reserva, para o cal tiña que ter funcionado durante 188 segundos, período ao final do cal non se apagou automaticamente. Rukavishnikov e Ivanov, inseguros sobre se o motor funciora co pulo adecuado, o deixaron funcionar durante 25 segundos máis antes de detelo manualmente. Como consecuencia, a cápsula tripulada reentrou nun ángulo máis acusado do habitual, no que se denomina reentrada balística, sometendo aos cosmonautas a unha forza de ata 10 G. A cápsula tocou terra ás 16:35 GMT. O motor avariado non puido ser analizado debido a que a sección que o contiña foi exectada como parte normal do procedemento de reentrada atmosférica, polo que os enxeñeiros non conseguiron aclarar a orixe do problema e, temendo que fose un problema que tamén afectara á nave Soiuz 32 da tripulación en órbita na Saliut 6, decidiron enviar a nave Soiuz 34, non tripulada, como nave de substitución para os cosmonautas da estación.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz U Soiuz 25 Soiuz 26 Soiuz 27 Soiuz 28 Soiuz 29 Soiuz 30 Soiuz 31 Soiuz 32 Soiuz 34 Saliut 6
Categoría:Programa Soiuz